martes, 15 de febrero de 2022
GENIALLY DE ROSALÍA DE CASTRO
viernes, 28 de enero de 2022
DÍA DA PAZ
Hoxe, venres 28 de Decembro, celebramos o Día escolar da non Violencia e da Paz no cole de San Tomé.
Para esta celebración elaborouse un mural que se expuxo na entrada do colexio. Foi montado polo 2º ciclo de primaria e empregouse a lingua galega para transmitir unha mensaxe de paz e esperanza.
O mural quedou así de chulo:
Dende o cole preparouse unha saída, logo do recreo, á praza de Fefiñáns para a realización dos bailes e cancións preparados pola profe Mónica para este día. Houbo tanto cancións en galego coma noutros idiomas.
As cancións e bailes foron: Terra de Tanxugueiras; A pomba da Paz 2022; Libertad de Nil Moliner (lingua de signos); My bestie and your bestie de Alda Recalde.
Na praza distribuíuse o alumnado en círculos concéntricos, respectando a distancia entre eles, do seguinte xeito: 6º de primaria no centro, logo infantil, 1º e 2º de primaria e por último, 3º, 4º e 5º de primaria. O alumnado de 6º de primaria serviu de modelo para o resto do alumnado, nos bailes preparados para este día, dende as clases de música.
Gracias de todo corazón profe Mónica por estes bailes e ensaios tan maravillosos!!
Foi un día para recordar !!
Tamén podedes ver dende este enlace, o vídeo feito pola coordinadora de actividades complementarias e extraescolares, o día tan estupendo que viviron os escolares festexando a paz:
Gracias Andrea por este vídeo, tan fermoso!!
Dende o equipo de EDLG queremos compartir con tod@s vós o maravilloso calendario de 2022 que fixemos en colaboración coas clases de Infantil e Primaria do cole.
Este ano estaba adicado ao fenómeno xacobeo: Camiños para chegar a Santiago de Compostela.
Desglose por clases:
INFANTIL 5 ANOS: portada
2º PRIMARIA A: Pórtigo da Gloria
4º PRIMARIA C: Camiño de Inverno (Maio)
1º PRIMARIA B: Camiño do sudeste-Vía da Prata (Xuño)
jueves, 18 de noviembre de 2021
OS MONICREQUES DE KUKAS
Hoxe tivemos unha actuación dun artista moi singular: Kukas.
martes, 2 de noviembre de 2021
CHEGOU SAMAÍN!!
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COMEZA UN CURSO MÁIS: 2021-22.
COMEZAMOS COA ELABORACIÓN DO MURAL DE SAMAÍN PARA O 28 DE OUTUBRO.
ESTE MURAL FOI ELABORADO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL AO LONGO DE TODA A SEMANA ANTERIOR Á CELEBRACIÓN.
PRIMEIRO, PINTARON CON TÉMPERA O FONDO DO MURAL; SEGUNDO DECORARON A LETRA QUE LLES TOCOU Á SÚA CLASE; TERCEIRO, COLOREARON CADA UN A SÚA FOLLA PANTASMAL E QUE COLOCAMOS NO MURAL E NAS PORTAS DE CADA CLASE.
AQUÍ VOS DEIXO UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASARON MENTRES O ELABORARON.
lunes, 14 de junio de 2021
REVISTA "O ECO DE SAN TOMÉ" Nº30
Para rematar o curso por todo o alto, aquí está o enlace á nova edición da revista dixital "O ECO DE SAN TOMÉ"!!!
Agardamos que sexa do voso agrado e pasedes un tempo entretido olleando as súas páxinas.






















