martes, 26 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

OUTRO ANO MÁIS CONMEMORAMOS A ROSALÍA DE CASTRO NO NOSO COLE EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA E A MESTRA DE MÚSICA! 

ELABORAMOS UN VÍDEO NO QUE TODAS AS AULAS RECITARON UN ANACO DA POESÍA "EU CANTAR, CANTAR, CANTEI" E QUEDOUNOS XENIAL!



ADEMAIS O LUNS XUNTÁMONOS TODOS E TODAS NO XIMNASIO PARA VELO E TAMÉN PARA RECITAR O FAMOSO POEMA
  "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"



E PECHAMOS O CERTAME CANTANDO UNHA CANCIÓN DEDICADA A ROSALÍA:































ADEMAIS ESTA SEMANA NA BIBLIOTECA DURANTE O RECREO OS NENOS E NENAS PODERÁN VOLVER A VER O VÍDEO DA POESÍA QUE RECITARON ELES.



UN SAÚDO!!

lunes, 18 de febrero de 2019

GALIÑAS DE MOS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega impulsamos unha iniciativa moi interesante en colaboración coa asociación Avimós, a cal consistía en vivenciar o ciclo vital das galiñas de Mos dende o ovo ata o seu nacemento. Para poder experimentar este agasallo da natureza contamos coa axuda do veterinario Diego que nos suministrou toda a información necesaria así como o material preciso, tal como a incubadora. O que se pretendía con esta iniciativa era espertar a curiosidade dos nenos/as polas  razas de animais propias de Galicia.
 Foi unha experiencia máxica!!