viernes, 28 de abril de 2023

FESTIVAL DOS MAIOS 2023

 Celebramos os maios no cole San Tomé!!

Este venres celebramos os maios en colaboración con outros coles a través do concello de Cambados; e tamén participaron os centros de día e o asilo.

Pasamos a semana ensaiando e o xoves preparamos o noso maio.

Premede na foto para disfrutar connosco deste momento:





miércoles, 26 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE CONTOS

 Hoxe, 26 de abril,o profe Manu foi contar o conto ao colexio de Magariños. 

Levou un conto escrito por el e contoullo aos rapaces e rapazas  de 1º de primaria.

A experiencia non puido ser máis boa e con gañas de repetir anos vindeiros!!













VISITA DA PROFE DO COLE DE VILARIÑO

 O martes 25 de abril veu contar o conto a profe de infantil do colexio de Vilariño.

Veu contar o conto á clase de 3 anos A e a experiencia foi fantástica e con gañas de repetir!!








MES DE ABRIL, MES DE CONTOS

 O martes 25  tocou ir contar o conto ó colexio da Modia e encargouse a profe Bea,

O colexio da Modia ten rapazas e rapaces de idades mesturadas entre 3 e 6 anos.

 A experiencia non puido ser mellor e aquí tedes unhas fotos que nos van deixar un moi bo recordo!!






24 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 Esta semana festexamos o día do libro o luns 24 de abril  e  como vimos facendo  estes últimos anos fixemos o apadriñamento lector despois do recreo.

O apadriñamento consiste en que os rapaces dos cursos superiores (os padriños) veñen buscar aos rapaces dus cursos inferiores (os afillados) e marchan xuntos a ler un conto no recuncho do colexio que máis lles guste.

Logo dende o equipo de biblioteca fíxose un concurso de podcast e elixíronse os gañadores dos distintos ciclos de primaria e infantil.

Por suposto, léronse moitos libros en galego e os podcast estaban feitos no noso querido idioma.

Se premedes na foto podedes ver que momento máis bonito pasamos no noso colexio!!




jueves, 20 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE CONTOS CON MÚSICA

 TEATRO MIGALLAS

Hoxe  o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria disfrutaron  da  contacontos  Bea Campos e do músico Manuel, pertencentes a Migallas Teatro.

Uns días antes as profes puidemos escoller entre un montón os libros para contar.

 No primeiro ciclo de primaria elixiron: Tío Lobo, Daniela Pirata, o libro dos porcos e un agasallo diferente. 

No ciclo de infantil elixiron: o coelliño branco, garabancillo, unha eiruga moi larpeira e os tres bandidos.

Disfrutamos moito dos contos con música e se premes na foto poderán ver o  ben que o pasamos!!




martes, 18 de abril de 2023

Entrevista a Yolanda Castaño

 Un 19 de abril de 1977 naceu en Santiago de Compostela a poetisa en lingua galega  e tradutora Yolanda Castaño, a quen lle adicamos o podcast deste mes.

 Agardamos que escoitando o podcast vos animedes a saber  un pouco máis da súa  obra!!





As rapazas e rapaces que participaron foron Sara e Miguel de 6º de primaria que fixeron de Yolanda Castaño e entrevistador respectivamente. A continuación leron as poesías alumnado de 3º de primaria. Moitas gracias a todos por participar!!







lunes, 17 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DOS LIBROS

 Hoxe 17 de abril   a  profe  Noelila vai ir de contacontos ó colexio CEIP Castrelo para contar o conto Coidado co charca! ao alumnado de infantil. 

Os rapaces pasárono xenial e para a contacontos foi unha experiencia inolvidable.




viernes, 14 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE LIBROS

 O venres 14 de abril  visitamos o colexio  CEIP Enrique Barreiro Piñeiro. Esta vez a profe Andrea leu  o conto "coidado coa charca!"  ao alumnado de infantil. A experiencia foi estupenda e a contacontos non o puido facer mellor.

Con respecto ó libro elixido foi escrito por José Carlos Román García e ilustrado por Emilio González Urberuaga.  Dicir que a nosa charca é un sitio singular, aos animais do bosque gústalles moito pero...plof! que ocorreu na charca? A abella, a mosca, a xoaniña, o caracol, o coello, o ourizo e ata un elefante desfilarán por este divertido conto que se desenvolve cunha estructura acumulativa-repetitiva. Unha aventura que fará rir e gozar a pequechos e grandes, atraeralles polo dinamismo, colorido e expresividade das súas ilustracións e sorprenderano a todos polo seu final. 

Aquí vos deixamos unha foto desta inolvidable experiencia!!




miércoles, 12 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE LIBROS

 O martes 12 de abril visitamos a escola de EI da  Pastora. Esta vez foron os rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria e fixeron varias pezas de teatro para o alumnado desta escola.

As rapazas e rapaces de 4º interpretaron a canción "catro bellos mariñeiros" mediante un teatrillo de sombras feito por eles e tamén interpretaron a canción de migallas "unha vella tiña un can" mediante un teatrillo feito por eles.

As rapazas de 3º de primaria interpretaron a obra "os tres porquiños" mais dándolles un toque moderno.

Preme na foto para ver que ben o pasamos!!









MES DE ABRIL, MES DE LIBROS

 O luns 11 de abril comezamos as nosas saídas aos colexios da contorna para contarlles  un conto aos rapaces.

Comezamos polo CEIP Corbillón e foron de contacontos as profes Miriam e Susana. Léronnlles o conto ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. O conto titulábase De que cor é un bico da escritora Rocío Bonilla.

Respecto ó libro a Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores:xoaniñas vermellas ou ceos azuis, pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello coma unha deliciosas salsa de tomate? Non porque tamén é a cor de cando estás enfadado...Será verde coma os crocodilos que sempre lle pareceron simpáticos?; Imposible porque é a cor das verduras e non lle gusta comelas!. Como podería pescudar de que cor é un bico?

Logo as profes fixeron coas rapazas e rapaces unha botella sensorial de cores; a partires de dúas cores primarias (azul + amarelo)  obtíñase unha cor secundaria (verde). Pois o verde era a cor preferida para un bico dunha das profes!!

Preme na foto para ver a estas contacontos!!