jueves, 18 de noviembre de 2021

 OS MONICREQUES DE KUKAS

Hoxe tivemos unha actuación dun artista moi singular: Kukas.


Trouxeron a obra "Xan Perillán compra queixo, compra pan".  

A obra céntrase no Híper mega súper mercado "O Rato Colorado". Mais o trasno do consumo irresponsable persígueo de aquí para acolá... mercará ben? ou deixarase engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo?

Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques; compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables.

Pola nosa parte, o CEIP Santomé tivo un día especial saíndo ó auditorio e podendo disfrutar dun fermoso día.

Fomos en dous turnos:

1ª sesión á 11 da mañá:  Educación Infantil e 1º ciclo de primaria.

2º sesión ás 12:30 da mañá: 2º e 3º ciclo de primaria.


Aquí tedes un pequeno vídeo e unhas fotos da actuación:


























martes, 2 de noviembre de 2021

                                                CHEGOU SAMAÍN!!

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA COMEZA  UN CURSO  MÁIS: 2021-22.

COMEZAMOS COA ELABORACIÓN DO MURAL DE SAMAÍN PARA O 28 DE OUTUBRO.

ESTE MURAL FOI ELABORADO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL AO LONGO DE TODA A SEMANA ANTERIOR Á CELEBRACIÓN.

PRIMEIRO, PINTARON  CON TÉMPERA O FONDO DO MURAL;  SEGUNDO DECORARON A  LETRA QUE LLES TOCOU Á SÚA CLASE;  TERCEIRO, COLOREARON CADA UN A SÚA FOLLA PANTASMAL E QUE COLOCAMOS NO MURAL E NAS PORTAS DE CADA CLASE.

AQUÍ VOS DEIXO UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O BEN QUE O PASARON MENTRES O ELABORARON.