jueves, 19 de junio de 2014


       ATA PRONTO , BOA SORTE!!!!!!!!!!!

   O venres despedimos o curso escolar, hoxe decimos ata pronto aos de 6º.

Un grupo de alumnos/as que foron medrando conosco; e hoxe despiden unha etapa da súa vida p, para comezar outra andaina.

Agardamos que as nosas ensinanzas lle sexan proveitosas  ao longo da súa vida . Desexamos que leven un bo recordo do seu paso pola escola.
Tamén facer extensible  o cariño e os bos desexos a nosa compañeira e mestra TERESA que remata un longo camiño laboral para comezar unha etapa de disfrute personal e familiar.

martes, 17 de junio de 2014

O Eco de San Tomé 2014

Aquí tedes en primicia a nova edición da nosa revista escolar: O Eco de San Tomé.

Son 126 páxinas cheas de traballos realizados na aula que serven para facer un resumo do que foi este curso 2013/2014.

A revista deste ano comeza e remata coa mesma protagonista, a mestra Teresa, que decidiu xubilarse e non quixo facelo sen adicarnos unhas palabras. Dende o equipo de Dinamización e Normalización Lingüística -e facémolo extensivo a todos os membros da comunidade educativa- queremos desexarlle moita sorte nesta nova etapa da súa vida.
Versión para descargar

martes, 10 de junio de 2014

VISITA DO ESCRITOR RICARDO GÓMEZ

http://santomemusica.blogspot.com.es/2014/06/rap-ojo-de-nube-colaboracion-musical.htmlHoxe recibimos a visita do escritor Ricardo Gómez.  Durante este curso traballamos   o seu libro " Ojo de Nube". A historia vai sobre os indios Crow.Por iso
hoxe  fixémoslle  unha benvida que non esquecerá en moito tempo.Montamos un poblado indio e  a él chamámoslle  " Anteojo de Nube".

Logo no ximnasio todos xuntos , fixemos preguntas , cantamos , ensinamos os nosos amuletos e recitamos.
Resultou unha velada moi emotiva , emocionante e agarimosa.
Todo esta actividade non sería posible si non fora polo maravilloso traballo que levaron a cabo as mestras e alumnos de Infantil ; así como o estimable i espectacular  posta en escea e representación musical cos nenos  de 5º e 6º que a mestra Mónica organizou e dirixiu. 
                                                           
Dende o Blog de EDNL   quero felicitar o equipo de INFANTIL  o DPTO DE MÚSICA e  a mestra ELVIRA  que foi a armadanzas deste embrollo e dar os meus       
                                                                                         
    PARABENS E FELICITACIÓNS