RECURSOS LETRAS GALEGAS 2023

 Recursos para traballar na aula co alumnado de infantil e primaria:

1) 2023-Seminario Galán. Día das Letras Galegas:   http://www.seminariogalan.org 

Na páxina web do Seminario poderedes atopar actividades interactivas, en formato genial.ly (na pestana de arriba que pon en liña), sobre o autor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego, así como actividades en PDF, carteis da exposición e cuestionario, díptico, marcapáxinas, biografía, escolma de textos, fotos e actividades para infantil en lingua de signos,  video da biografía, cronoloxía, marcapáxina, libro de lapelas, comecocos... material que pode facilitar ao profesorado a celebración do Día das Letras Galegas.

Este ano como novidade achegamos  actividades de robótica con taboleiros, fichas, solucionario..., con información variada do autor: biografía, fotos, obra, textos... unha actividade dirixida ao alumnado de primaria e para realizar en equipo ou individualmente.


2) A Real Academia Galega comezou a emisión de Francisco Fernández del Riego, o que nunca se rendeu, unha serie web documental de seis episodios que percorre a biografía do autor ao que lle dedica do Día das Letras Galegas 2023. Onte mesmo estreouse o segundo capítulo e cada luns, ata o 24 de abril, a institución difundirá unha nova entrega.

A serie pode verse na canle de Youtube da RAG e na sección das Letras Galegas 2023 de academia.gal.

A RAG dedica ademais a Francisco Fernández del Riego a páxina web para o público infantil Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), onde xa está dispoñible As cousas de don Paco, unha biografía en forma de obra teatral para ler e representar dentro e fóra das aulas. 

Primavera das Letras ofrece tamén outros recursos lúdicos e didácticos. A sección Xoga connosco conta con fichas para colorear e actividades interactivas que irán medrando ao longo da primavera e, un ano máis, convocarase o concurso escolar Contádenos o voso Día das Letras.

Na mesma páxina web está dispoñible a curtametraxe de ficción A orixe da nosa lingua guapa, un filme baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey para lles explicar aos cativos e cativas como se foi formando o galego ao longo da historia.

3) a Real Academia Galega ofrece no seu espazo web Primavera das Letras unha serie de recursos lúdicos e didácticos: https://primaveradasletras.gal/.







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario