martes, 11 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

 Hoxe celebrouse o Magosto no noso colexio. 

Debido ao mal tempo non houbo xogos populares e as castañas coméronse nas aulas. Foi un magosto atípico pero pasámolo moi ben. 

Logo, o tempo deunos un respiro e saímos ao patio a bailar os trompos.





MAGOSTO 2025

jueves, 6 de noviembre de 2025

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO!!!

Para celebrar o Magosto no CEIP San Tomé elaboramos unha exposición de trompos. 

Os nenos e nenas poderán traer o seu trompo decorado, deixalo na exposición, e durante o recreo collelo para facelo bailar!

Dende o día 4 ata o 11 de Novembro anímate a traer o teu!


                       Preme na foto para ver fotos dos trompos e velos bailar. 








 CONTOS POR SAMAÍN!

EN COORDINACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CENTRO, PROPÚXOSE ESTA ACTIVIDADE DE CREACIÓN DE HISTORIAS DE MEDO EN LINGUA GALEGA, E FOI TODO UN ÉXITO!!. 

OS NENOS E NENAS GOZARON DA LECTURA DE CONTOS ORIXINAIS, ELABORADOS POLO ALUMNADO DAS OUTRAS AULAS, ONDE SE DEU RENDA SOLTA Á IMAXINACIÓN.

COMO RESULTADO MOITAS PUBLICACIÓNS QUE PASARÁN A FORMAR PARTE DA BIBLIOTECA DO CENTRO.



martes, 4 de noviembre de 2025

SAMAÍN 2025

  CHEGOU SAMAÍN!

Este venres, 30 de Outubro, celebramos  no CEIP San Tomé o Samaín.
Os últimos 15 días, toda a comunidade educativa andivo moi atarefada cos preparativos.
 Por fin chegou o gran día e houbo música tenebrosa, obradoiros, comida e moito misterio arredor do cole.

Preme na foto para ver imaxes dese dia!



martes, 28 de octubre de 2025

OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL GOZARON COA CONTACONTOS 

VERO RILO 

QUE VEU CONTARNOS O CLÁSICO INFANTIL 

"A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"

 XUNTO CON DÚAS HISTORIAS QUE FORMAN PARTE DA TRADICIÓN ORAL GALEGA.


viernes, 24 de octubre de 2025

 A CONCELLERÍA DE NORMALIZACIÓN LINGUÍSTICA DO CONCELLO DE CAMBADOS

 AGASALLOU A TODOS OS NENOS NENAS DE INFANTIL 

CON UN EXEMPLAR DE 

" O ABECEDARIO"