viernes, 28 de octubre de 2016

CHEGOU O SAMAÍN!!!!!!!

Hoxe celebramos o Samaín no centro, os nenos e nenas paasárono pipa...bueno máis ben os esqueletos, vampiros, bruxas, bruxos, pantasmas, cabazas e demais personaxes aterradores que viñeron ao cole !!

Ao longo desta semana todos os nenos e nenas xunto cos mestres e mestras e coa colaboración das familias fomos acondicionando o centro para a ocasión: con cabazas, cadros, pantasmas e con historias que os nen@s trouxeron das casas sobre esta celebración. Moitas gracias!

Aquí vos deixamos unha presentación coas fotos do centro!

Saudiños e ata a seguintee!!





jueves, 19 de mayo de 2016

ACTUACIÓN DOS ALUMNOS/AS DE 3º


Onte mércores 18 de Maio , celebramos o día dasLetras Galegas, xunto cos demais centros de Cambados.
   Os alumnos/as de 3º do noso cole , cantaron e representaron tres poemas de Manuel María.
                               "O burriño", O barco de papel" e Galicia".

Os nenos elaboraron uns cabaliños  que levaron , para representar  o poema.
   Foi unha actuación moi divertida!!.
    Aquí deixo un vídeo da representación.
               

            

martes, 17 de mayo de 2016

Actuación Día das Letras Galegas

Bo Día das Letras Galegas!



Os nenos e nenas de 3º do noso cole prepararon unha serie de actuacións (recitado e baile) relacionadas co homenaxeado Manuel María. Aquí podedes ver o "pase" que fixeron para os compañeiros de 4º, 5º e 6º.








CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS !


Como xa chegou o mes de Maio; na escola de Santomé ,estamos atarefados cos preparativos do  día das Letras Galegas.

Esta semana levamos a cabo unha serie de actividades para homenaxear a Manuel María.

   O xoves  , os alumnos de 3º  representaron varios poemas cantados e musicados ,para todos nós; repartidos en dúas funcións. Un bo traballo!!! coordinado polas mestras LuLa , Camino e Mónica (a nosa fada musical),sen esquecer aos nosos artistas(os alumnos/as de 3º). B.R.A.V.O!.

         Esta actuación vai ser presentada o vindeiro Mércores na Calzada , xunto a outros centros, organizada polo concello para celebrar as Letras Galegas.

O venres asistimos a representación da obra de Manuel María " os soños na Gaiola"; a cargo da compañia "títeres Alakran que tivo lugar no centro.
           Todo un éxito!!, que gustou e fixo pasar bos momentos.

    Tamén durante a semana elaboramos o Mural que representa ao noso centro. Estará exposto na Calzada do pobo xunto con outros murais das outras escolas.

              Un calendario , ilustrado cos poemas do autor.
                       
    Non esquecer a exposición de láminas sobre a vida de Manuel María , que podemos ver polos corredores da escola; así coma os numerosos traballos e actividades realizadas na aula arredor da figura deste autor.

Aquí tedes unha mostra   de todo o anterior.

martes, 12 de abril de 2016

MANUEL MARÍA

Este ano o día das LETRAS GALEGAS está adicado á figura  de MANUEL MARÍA.


           Si picades no  nome do escritor , tendes información sobre  a súa biografía , obra  e actividades para  cada ciclo e nivel.


jueves, 17 de marzo de 2016

 Un saúdo a tod@s, nenos , pais e mestr@s.
Dende o equipo de Normalización Lingüística queremos presentar O CALENDARIO DE MANUEL MARÍA".

Como este ano , o día das Letras Galegas vai  adicado a MANUEL MARÍA,; dende o centro creamos e elaboramos un calendario no que aparecen os debuxos dos nenos , relacionados cos poemas do autor.

Doce poemas e doce debuxos, elaborados polos nen@s dende 1º ata 6º.