jueves, 26 de diciembre de 2013

PARABENS

 Xa estamos na rede.  A nosa curtametraxe foi publicada na rede no apartado de recursos e materiais. ENHORABOA!!!.

Todo este traballo  foi grazas aos equipos de extraescolares e tics.  Sen eles   non seria posible. Os demáis só fomos uns simples axudantes.   BRAVO.

ARMOUSE O BELÉN

miércoles, 18 de diciembre de 2013

VERBAS DA ÁRBORE DE NADAL

 O EDNL coa axuda de  mestres e alumnos , fomos quen de poñer VERBAS aos adornos do Nadal.

Fixemos  bolas de nadal,  e así descubrimos que o galego tamén adorna os nosos fogares e a nosa escola.

Aquí tendes a mostra das bolas que cada curso elaborou.

 Que bonito  está a nosa Árbore de Nadal.!!!






lunes, 9 de diciembre de 2013

UN ANUNCIO DE PELÍCULA



O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES E O DE TICS , ESTÁN ARMANDO UNHA BOA PARA O NADAL.

TENDES UN ADIANTO NA WEB DO  COLE.  ESTA VEZ SI QUE " ARMOUSE O BELEN ".

UN ANUNCIO DE PELÍCULA

domingo, 3 de noviembre de 2013

SAMAÍN

No apartado de FOTOS , atópanse os nos@s bruxas e pantasmas dos cursos de 1º e 2º.
GRAZAS a tod@s pais e nais pola súa colaboración ,a hora de  participar no Halloween ,facendo e decorando as cabazas . Este ano foron espectaculares.GRAZAS,MOITAS GRAZAS...!!!!!!!!!!!

viernes, 25 de octubre de 2013

O SAMAÏN

O vindeiro 30 de Outubro imos celebrar o SAMAÍN /HALLOWEEN , no noso centro.
 Aquí tendes un vídeo didáctico sobre o SAMAÍN elaborado polo IES de Melide.

Espero que sirva para coñecer mellor esta celebración.

lunes, 30 de septiembre de 2013

REFRÁNS DO OUTONO



Refráns

 (Recollidos en Ceip San Francisco Xabier - A Coruña ):
"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

"Temperá é a castaña que por setembro regaña"

"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

"Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"



REFRÁNS RECOLLIDOS POLOS NENOS E NENAS DE 4º DO CEIP DE CERVO E PUBLICADOS NO SEU BLOG (BIBLIOTECA DO COLEXIO DE CERVO): 

San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

A horta en outono mantén o seu dono. 


Outono quente trae o demo no ventre.

Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

Outono chuvioso ano copioso.

Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.

En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Moita flor na primavera bon outono nos espera.

A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.

Santoral a ter en conta:

CANDELAS, CANDELARIA 2 FEBREIRO
SAN BRAIS 3 DE FEBREIRO
SAN MATIAS 24 FEBREIRO
SAN BIEITO 21 MARZO
SAN ANTÓN 13 XUÑO
SAN XOÁN 24 XUÑO
SAN PEDRO 29 XUÑO
SAN MIGUEL 29 SETEMBRO
SAN MARTIÑO 11 DE NOVEMBRO
SAN ANDRÉS 30 NOVEMBRO
SANTA LUCÍA 13 DECEMBRO



O ciclo do viño: a vendima

OUTONO MIX

No blog AULA TIC podemos atopar máis recursos do outono.http://www.symbaloo.com/mix/otonomix

OUTONO

Como estamos na época de Outono, temos moitos froitos e tamén colleitas  que recoller no campo.
Na nosa zona  a máis importante é a vendima ; o millo  e a castaña nas zonas do interior.

Aquí tendes  xogos relacionados coa época




DÍA EUROPEO DAS LÍNGUAS

O 26 d3 setembro celebrouse o día Europeo das Linguas.

O Consello de Europa festexa o 26 de setembro como Día Europeo das Linguas, co obxectivo de promover a diversidade lingüística de Europa e fomentar o plurilingüismo entre os seus cidadáns.
Un ano máis, desde que se instaurou esta celebración en 2001, os 47 estados que compoñen o Consello de Europa animan a cidadanía europea a festexar esta riqueza cultural e a participar nalgún dos moitos eventos que se celebran con este motivo.



viernes, 13 de septiembre de 2013

NORMAS DE CLASE

 Aquí tendes as normas de clase en galego. Grazas a GHAFOS.

                                           

jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVID@S

Ola a tod@s nen@s e familias.Acabáronse as vacacións e comeza un novo curso. Dende aquí o claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un maravilloso 2013/2014.Seguro que tendes desexos de contar as vosas experiencias durante as vacacións e tamén atopar cos vosos e novos compañeiros.

                                                 

miércoles, 29 de mayo de 2013

ESCOLA "MARÍA SOLIÑA" en Pubai-Orisa (India)

A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.


                                                            PARABENS Á ONG






jueves, 23 de mayo de 2013

A CORAL DOS MAIORES CANTA E XOGA CON NÓS

Hoxe xoves 23 de maio tivemos a visita da Coral polifónica dos Maiores , na nosa escola.
Cantaron e representaron un conto titulado" PACO,PAQUIÑO UN CONTO CANTADO".
Os nenos/as de infantil e 1º ciclo disfrutaron cantando e xogando con eles.
Resultou  unha experiencia moi creativa e moi divertida.Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos.




martes, 21 de mayo de 2013

RECITADO DE POEMAS NA CALZADA

O  XOVES  16 OS NENOS DE 6ºA FORON Á CALZADA PARA CELEBRAR  O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
LAURA E MARIÑA RECITARON OS SEUS POEMAS.

SI QUEREDES LER OS SEUS POEMAS PICADE NA PESTANA DE COMUNICADOS .

SI PICADES NA PESTANA DE VÍDEOS VEREDES A SÚA ACTUACIÓN .

ESTAS NENAS VEN MERECEN UNHA FELICITACIÓN CON TODO O NOSO CARIÑO.
 
                     B  -   R-  A-  V-   O-                     BRAVO!







miércoles, 15 de mayo de 2013

TRABALLOS DAS LETRAS GALEGAS


Este vídeo é o resumo do traballo escolar. espero que vos guste


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS


ROBERTO VIDAL BOLAÑO   NA ESCOLA DE SAN TOMÉ

Moitos son os traballos que se fixeron  sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño , dentro das aulas.
Esta é só unha pequena mostra  do que podemos ver nos pasillos  do centro.
Os nenos/as de 4º  diseñaron uns preciosos MARCA PÁXINAS do autor.


   

O alumnado do centro diseñou unhas máscaras de teatro maravillosas. Con elas elaboramos o mural das Letras Galegas , que dende hoxe ,está exposto na Calzada.










MOITAS GRAZAS AOS NOSOS ARTÍSTAS E AXUDANTES.

GRAZAS Á PROFE ELENA POLO SEU TOQUE MÁXICO.

Sin eles esto non sería posible



domingo, 12 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013

Aquí vos deixo máis actividades sobre Roberto Vidal Bolaño.
Autor e actor ao que se lle adica este ano , o día das Letras Galegas.
Se premedes na imaxe , podedes ver as actividades.




lunes, 6 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS

DENDE  A ASOCIACIÓN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES ,CHEGANOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES . SE PREMEDES NA IMAXE ,PODEDES TRABALLAR CON ELAS.





ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Estas son alguns materiais   elaborados por diversas bibliotecas  escolares de Galicia.   

Si picades na imaxe podedes traballar con eles.



jueves, 25 de abril de 2013

NÓS TAMÉN FOMOS ESTRANXEIROS

Esta semana os nen@s de 2º e 4º de primaria  ,recibiron a visita dos avós  que non poideron vir na anterior .

Estas fotos amosan o seu traballo, e a ledicia nos nen@s  a  escoitalos.



 A música de fondo é do grupo MAMÁ CABRA  , o título " O mundo é grande".

lunes, 22 de abril de 2013

NÓS TAMÉN FOMOS ESTRANXEIROS

Dende o equipo de biblioteca estase a traballar co proxecto de "INTERCULTURALIDADE".

O EDNL tamén queremos sumarnos a este traballo ;por iso , a semana pasada invitamos aos avós /avoas  que foron emigrantes, a falar das súas vivencias como estranxeiros.

O resultado foi moi gratificante , e dende aquí queremos darlles as GRAZAS!!!!!!.
Deixamos unha pequena mostra da súa visita ao cole.

                                                 PRIMARIA

miércoles, 17 de abril de 2013

VISITA DOS AVÓS QUE EMIGRARON

ESTE MES DE ABRIL TIVEMOS A VISITA DOS FAMILIARES  QUE EMIGRARON,  E OS QUE VIÑERON AO NOSO PAÍS .

                                            INFANTIL




GRAZAS A TODOS  POLA SÚA COLABORACIÓN E POR  DAR A COÑECER A SÚA EXPERIENCIA .
 FORON MOMENTOS ,VERDADEIRAMENTE  BONITOS E CARGADOS DE SENTIMENTOS E COÑECEMENTO. GRAZAS.....

viernes, 5 de abril de 2013

ACTIVIDADES DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO


ACTIVIDADES EN LIÑA

Aqui tendes unha serie de actividades para traballar a figura do autor homenaxeado nas Letras galegas.
Si picades na frase ACTIVIDADES EN LIÑA  teredes acceso a elas.

lunes, 1 de abril de 2013

Homenaxe a Rosalía

Dende o Ceip San tomé quixemos facerlle unha homenaxe a Rosalía de Castro o día do seu nacemento, o 24 de febreiro. Este é un dos actos enmarcados na conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.

sábado, 9 de marzo de 2013

"O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"


Este é o título dunha exposición ; patrocinada e cedida polo Concello de Pontevedra, para coñecer a presencia da nosa língua tamén noutros países.

A semana pasada os nen@s poideron disfrutar dela, polos corredores do cole,e descubrir a importancia e a presencia do galego alén dos mares.

Aquí tendes unha mostra.



sábado, 23 de febrero de 2013

Rosalía de Castro, a nosa grande poeta, naceu o 24 de febreiro de 1837. Este é o motivo de que o 24 de febreiro fose declarado día de Rosalía e recoñecido coma tal no calendario escolar. Este ano ademais cúmprense150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos" que motivou  a celebración do Día das Letras Galegas e que marcou o Rexurdimento da literatura galega.

XOGANDO CON ROSALÍA



viernes, 22 de febrero de 2013

miércoles, 13 de febrero de 2013








Lembramos o amor celebrando o día de San Valentín.É un día para traballar e desenrolar actividades  que 

atendan as capacidades cognitivas , intelectuais e afectivas do alumno. 

Expresar o noso cariño á familia que sempre está ahí cando a precisamos.  





















































































sábado, 2 de febrero de 2013

Xa estamos na semana do Entroido.No blog de Extraescolares tendes toda a información para traballar na aula coa nen@s.

ROSALÍA DE CASTRO


Este mes de febreiro celebramos o 150 aniversario do libro de "Cantares Gallegos".Considerado o 1º libro de poesía en galego.

.Ao longo do mes faremos actividades dentro da escola para celebralo. Si qeredes coñecer algo máis

,pinchade na imaxe de Rosalía.

miércoles, 2 de enero de 2013

Damos a benvida o novo ano 2013. De certo que virá cargado de ilusións e desexos de aprender cousas novas.De seguro que todos xuntos podemos facer que sexa realidade. 

Este ano celebramos o 150 aniversario de "cantares  gallegos de Rosalía de Castro; a nosa poeta galega por excelencia.

Deixo algunha información e videos sobre ela  e o seu libro. 

ROSALÍA DE CASTRO