jueves, 19 de mayo de 2016

ACTUACIÓN DOS ALUMNOS/AS DE 3º


Onte mércores 18 de Maio , celebramos o día dasLetras Galegas, xunto cos demais centros de Cambados.
   Os alumnos/as de 3º do noso cole , cantaron e representaron tres poemas de Manuel María.
                               "O burriño", O barco de papel" e Galicia".

Os nenos elaboraron uns cabaliños  que levaron , para representar  o poema.
   Foi unha actuación moi divertida!!.
    Aquí deixo un vídeo da representación.
               

            

martes, 17 de mayo de 2016

Actuación Día das Letras Galegas

Bo Día das Letras Galegas!



Os nenos e nenas de 3º do noso cole prepararon unha serie de actuacións (recitado e baile) relacionadas co homenaxeado Manuel María. Aquí podedes ver o "pase" que fixeron para os compañeiros de 4º, 5º e 6º.








CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS !


Como xa chegou o mes de Maio; na escola de Santomé ,estamos atarefados cos preparativos do  día das Letras Galegas.

Esta semana levamos a cabo unha serie de actividades para homenaxear a Manuel María.

   O xoves  , os alumnos de 3º  representaron varios poemas cantados e musicados ,para todos nós; repartidos en dúas funcións. Un bo traballo!!! coordinado polas mestras LuLa , Camino e Mónica (a nosa fada musical),sen esquecer aos nosos artistas(os alumnos/as de 3º). B.R.A.V.O!.

         Esta actuación vai ser presentada o vindeiro Mércores na Calzada , xunto a outros centros, organizada polo concello para celebrar as Letras Galegas.

O venres asistimos a representación da obra de Manuel María " os soños na Gaiola"; a cargo da compañia "títeres Alakran que tivo lugar no centro.
           Todo un éxito!!, que gustou e fixo pasar bos momentos.

    Tamén durante a semana elaboramos o Mural que representa ao noso centro. Estará exposto na Calzada do pobo xunto con outros murais das outras escolas.

              Un calendario , ilustrado cos poemas do autor.
                       
    Non esquecer a exposición de láminas sobre a vida de Manuel María , que podemos ver polos corredores da escola; así coma os numerosos traballos e actividades realizadas na aula arredor da figura deste autor.

Aquí tedes unha mostra   de todo o anterior.