jueves, 22 de octubre de 2015

viernes, 11 de septiembre de 2015



Con este poster damos por inagurado o curso escolar no CEIP SANTOMÉ  de Cambados.
Dende este blog  damos a benvida a todol@s nen@s, pois un cole sin eles non ten vida.

viernes, 19 de junio de 2015

BO VERÁN

  Como tódolos anos por estas datas poñemos punto e final a un curso.
   A todos desexarlles que pasen un feliz verán .

  Aos nen@s que disfruten , xoguen, e divírtanse como mellor poidan.
        Aos  de 6º que se van , botarémolos de menos e  que nesta etapa que van a comezar , sentidiño!!!!.
                               Para todos  FELICES VACACIÓNS

martes, 16 de junio de 2015

O Eco de San Tomé 2015

Como cada ano ao rematar o curso, aquí tedes a nova edición de O Eco de San Tomé.
Podedes vela en dous formatos diferentes para que escollades o que máis vos guste.


viernes, 29 de mayo de 2015

CONTANDO CONTOS

Esta semana veu a mestra DOLO da  EEI  da PASTORA a contar un conto aos nen@s de 3anos de E.Infantil.





O BRINCAFAROS

ESTE TRABALLO FOI ELABORADO POR TÓDOLOS NEN@S DO CEIP SAN TOMÉ.

TRÁTASE DUN XOGO ONDE OS NEN@S TEÑEN QUE COLOCAR A DEFINICIÓN DAS PARTES DO FARO , NO PANEL QUE LLE CORRESPONDA.
CADA MURAL ESTÁ ACOMPAÑADO DA SÚA FICHA TÉCNICA ; QUE PREVIAMENTE FOI TRABALLADA  NA AULA.


                                                 

domingo, 17 de mayo de 2015

O GALEGO , NOSA LÍNGUA NAI

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS , QUE É O DIA DA NOSA LÍNGUA .


CANTEMOS E DEFENDAMOS A NOSA LÍNGUA NAI "O GALEGO"




                                                 

Ofrenda a Ramón Cabanillas 2015 (Letras Galegas)

O pasado venres celebrouse na Calzada a tradicional ofrenda a Ramón Cabanillas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

A edición deste ano estaba adicada a Xosé Filgueira Valverde, e os nenos e nenas de 3º de Primaria realizaron unha montaxe musical repasando a súa vida e obra.

A continuación podedes ver un vídeo da súa actuación:








viernes, 15 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS





     O venres  no cole celebramos o día das LETRAS GALEGAS   con moita ledicia e agarimo.
        

        Dende o dpto de Música, a  mestra Mónica  e os alumnos de 5anos , 3ºs e 4ºs   cantaron, bailaron, recitaron  poemas de Filgueira Valverde e cancións populares.

    Quedamos impresionados do maravilloso traballo dos nenos e a mestra.
                                           B.R.A.V.O.         BRAVO!!!!!!!! 

Durante esta semana estivemos preparando o MURAL DAS LETRAS GALEGAS .
Cada titora na súa aula e con axuda dos nenos pintaron e escribiron as obras do "VELLO PROFESOR"(XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE).

Como este ano o noso proxecto vai sobre os faros tamén o  Mural é un faro.
           O FARO DO  VELLO PROFESOR 

Non esquecer os traballos  que os nenos realizaron arredor da figura deste escritor, historiador, profesor.....

                             este é o vídeo cos maravillosos debuxos











jueves, 23 de abril de 2015

FICHAS DOS FAROS

Seguindo co proxecto do centro sobre os Faros, imos crear un Libro co titulo de FICHAS DOS FAROS DE GALICIA.
Ao longo do trimestre o alumnado traballou  coas fichas técnicas deses faros.
Aquí tendes un anticipo dese pequeno libro.

                                               

martes, 21 de abril de 2015


O vindeiro xoves é o día do libro . Este ano é moi especial porque temos  ao mestre Manuel e a mestra Elena que nos van asinar os seu libro.Celebramos ese día  con moita ledicia e con cariño para eles.

jueves, 26 de marzo de 2015

PARTES DUN FARO

 Picade sobre  este faro animado e teredes información sobre as partes . Así facilita o traballo que estades a elaborar

miércoles, 11 de marzo de 2015


Mañán venres  27 de marzo; Presentación do Libro " O FARO DE CORAZÓNS" do compañeiro Manuel Felpeto  e a compañeira que o ilustrou Elena Silvoso, na Biblioteca Municipal de Cambados .
Dende aquí facer un chamamento a todos los pais, nais .... que poidades asistir , para  felicitar  e recoñecer o traballo realizado polos mestres,  coa vosa presenza.
 Está marcada para as12: 45 aprox.

Dende o noso blog queremos felicitalo e decirlle que é un orgullo traballar e compartir o día a día  con eles.
          


                                   PARABÉNS!!!!!!!!!!!



EL ESCRITOR
                                           
ILUSTRADORA

   

viernes, 6 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día  8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación a favor da igualdade co home. 
O lema deste ano "Empoderando ás Mulleres, Empoderando á Humanidade: Imaxínao", recrea un mundo no que cada muller e cada nena poden tomar as súas decisións en todos los ámbitos da sociedade e vivir sen violencia e discriminación.

viernes, 27 de febrero de 2015

SALÓN DO LIBRO

  Este venres dá comenzo o SALÓN DO LIBRO  no pazo da cultura de Pontevedra .


         Aquí tedes o programa. Este ano o título é: DA CIENCIA Á FICCIÓN





                                       

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O 24 de Febreiro celebramos o   aniversario do nacemento da nosa poetisa máis ilustre: ROSALÍA DE CASTRO.

Dende o centro queremos homenaxeala lembrando a súa vida e obra.
 Si picades na imaxe, podedes saber máis acerca dela.

domingo, 8 de febrero de 2015


Como chega o ENTROIDO, nós xa estamos a preparar os nosos disfraces.

Se premedes na foto tedes á vosa disposición unha serie de actividades do Seminario Galán que vos poden axudar a xogar dentro da aula.

MÚSICA PARA LEDICIA DO CORAZÓN


O 14 de FEBREIRO é San Valentín.  Unha data para establecer lazos de amizade e cariño.

    Se premes  SAN VALENTIN poderedes traballar e xogar cunha morea de recursos que atopamos no blog  do CEIP MESTRES GOLDAR


                                    Esperamos que vos guste

viernes, 30 de enero de 2015

O EDNL quere felicitar a tódol@s ne@s e mestr@s da nosa escola polo traballo ben feito  no día da Paz.

Só  a unión de todos e    o    amor co que se fan as cousas  dan lugar  a algo tan lindo como a celebración que se levou a cabo na escola .


Grazas!!!    Foi impresionante. !!!!
No blog de Extraescolares podemos ver as fotos do FARO FEITO COAS PEDRAS DA PAZ
No blog de Música , podemos ver e escoitar a canción que representamos o día da Paz

sábado, 24 de enero de 2015