miércoles, 7 de diciembre de 2022

VISITA A PADRÓN DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

 O 29 de Novembro fixemos unha saída ao pobo de Padrón coa intención de coñecer un pouco máis a vida e obra de dous grandes escritores: Rosalía de Castro e Camilo José Cela.

Saímos a primeira hora da mañá e ás dez e cuarto xa estabamos na fundación de Camilo José Cela onde fixemos un percorrido pola súa vida e obra. Por suposto, visitamos o museo do ferrocarril.

Logo fomos  ao  xardín botánico e coa mesma demos un paseo polo pobo ata chegar á alameda para comer. Alí algúns animámonos a visitar a Capela do Santiaguiño.

Xa pola tarde fomos á Casa Museo de Rosalía de Castro onde nos explicaron a súa vida e obra e nos deixaron visitar a casa ata que marchamos.

Unhas fotos da saída deixaránnos a todos un bo sabor de boca dese día tan bonito. 

Premede na foto para ver máis:




SEMANAS DA MÚSICA NO CEIP DE SAN TOMÉ

 Estas últimas semanas foron moi intensas musicalmente para os rapaces e rapazas do cole.

Nas horas de patio o noso alumnado podía facer unha actuación musical, ben con instrumentos ben cantando. Só tiñan que apuntarse e disfrutar das actuacións. Logo cada día facíanse os carteis das actuacións para saber a quen lle tocaba ese día.

Por suposto, a MÚSICA GALEGA estivo presente.

Aquí van unhas fotos do ben que traballaron:










viernes, 11 de noviembre de 2022

MAGOSTO

E chegou O MAGOSTO ao colexio cando xa comezan  as follas a caer das árbores do patio e todo se volveu festa e diversión!!!.

Preme na foto para ver os xogos populares cos que puidemos pasar un bo rato mentres se asaban as castañas.




Preme na seguinte foto para ver a degustación das castañas no noso cole. 










lunes, 7 de noviembre de 2022

Podcast do Samaín

 Na clase de Música deulles por facer un podcast que...non dicimos nada máis, hai que escoitalo!!


viernes, 4 de noviembre de 2022

Samaín 2022 (vídeos)

Nada pode co Samaín, nin a chuvia, nin a falta de espazo....
Podedes ver os vídeos dos nosos bailes nesta lista de reprodución

jueves, 27 de octubre de 2022

SAMAÍN 2022

 E CHEGOU O GRAN DÍA...



Hoxe foi un día grandioso no CEIP San Tomé: houbo música tenebrosa, obradoiros, xincanas e moito  misterio arredor do cole.

Premede na foto se queredes pasar un rato vendo as fotos:   FELIZ SAMAÍN








PREPARATIVOS PARA SAMAÍN

Toda a comunidade educativa do cole de San Tomé  anda estes días moi atarefado preparando o Samaín...

Aquí vos deixamos algunhas fotos do bonito que está quedando todo. 

PREMEDE SEN MEDO  na foto para poder velas!!










martes, 21 de junio de 2022

REVISTA DIXITAL O ECO DE SAN TOMÉ Nº 31

REMATAMOS O CURSO 2021-22   PUBLICANDO A REVISTA DIXITAL, Nº 31, "O ECO DE SAN TOMÉ".

DENDE EDLG AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO FEITO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SANTOME: INFANTIL; 1º, 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA; ASÍ COMO O CLUBE DE CIENCIA E AS ACTIVIDADES MUSICAIS.

AHÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE:



FELIZ VERÁN !!

VÉMONOS NO PRÓXIMO CURSO!!



viernes, 17 de junio de 2022

O VELLO DOS CONTOS

O CEIP San Tomé de Cambados e o IES Alexandre Bóveda de Vigo foron elixidos este venres como centros gañadores da 4ª edición do concurso de premios de podcast "O Vello dos Contos", organizado pola productora cultural Arraianos en colaboración coa Xunta de Galicia.

Este certame, no que participaron máis de cincuenta traballos  de centros educativos de toda Galicia e do Norte de Portugal, recoñece proxectos centrados na difusión do patrimonio material e inmaterial galego e portugués.

Dende o xurado, destacan que esta última convocatoria superou "as mellores expectativas, tanto en calidade como en cantidade".

O CEIP San Tomé de Cambados foi o vencedor na categoría de Primaria co seu proxecto "Entrevista a Don Maio Galán".










martes, 17 de mayo de 2022

BAILE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este venres, 13 de maio,  celebramos no cole o día das Letras Galegas , bailando todos xuntos 3 bailes. Para organizarnos  fixemos dous círculos concéntricos. O primeiro círculo estaba formado polas rapazas e rapaces de infantil e 1º de primaria. O segundo círculo estaba composto polas rapazas e rapaces de 2º a 6º cursos de primaria.  Tamén participamos os profes.

 A actuación tivo lugar despois do recreo para poder participar os alumnos que foran ó acto do concello.

Como podedes ver a continuación, pasámolo xenial:






 

LETRAS GALEGAS 2022

 Bos días a todas e todos, hoxe celébrase en Galicia o día das Letras Galegas adicado este ano a FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.

O pasado venres 13 de maio celebramos no colexio Ceip San Tomé o día das Letras Galegas.

Primeiro celebramos o evento con outros colexios e institutos pertencentes ao concello de Cambados.

Xuntámonos todos na calzada para celebrar o  acto floral. 

Do colexio de San Tomé participaron no evento uns 20 rapaces e rapazas que cantaron e recitaron a poesía de Florencio LEMBRANZAS AROUSÁS.

Este é o vídeo:







Na praza estaba o mural que elaboramos no colexio. Cada rapaz tivo que ir pegar a súa foto no panel e cando xa estivo todo pegado, un grupo de rapaces foi pintar o autoretrato de Florencio:




Este foi o resultado:


E como non, o grupo de rapaces e rapazas xunto coa profe Mónica sacou unha foto diante do panel:











martes, 10 de mayo de 2022

As letras de Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Rematamos as letras de Florencio co podcast feito polo alumnado de 3º ciclo de primaria. E como non, esperemos que o disfrutedes igual que os outros!! 



 

As letras de Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Hoxe o podcast adicado á vida e obra de Florencio está feito polo 2º ciclo de primaria.
Estas rapazas e rapaces fixéronno moi ben e con moita ilusión. 
Toca escoitalos e disfrutar!!



 

AS LETRAS DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Hoxe publicamos dous dos catro PODCAST feitos polo alumnado do CEIP Santomé. Están adicados á vida e obra do gran poeta Florencio Delgado, ao que se lle adica o día das Letras Galegas de 2022. Dende o equipo de EDLG darlle as gracias ás rapazas e aos rapaces que tan gustosamente quixeron participar. Desexamos que disfrutedes moito escoitándoos.



   

martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER 


MIGALLAS TEATRO:
Hoxe actuou no cole MIGALLAS e fixo un espectáculo sobre pintoras; achegando ás nenas e nenos a vida e obra de pintoras famosas.

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.


Aquí vos deixo algunhas fotos do seu paso polo colexio.







Tamén durante os primeiros días de marzo dende a aula de música, a profe Mónica, propuxo unha serie de pistas esparcidas polo colexio para que o alumnado tentase adiviñar esta muller música  tan coñecida.

SORTE A TOD@S!!!







miércoles, 23 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


CHEGOU O GRAN DÍA!!

Hoxe rematamos a recitaxe de poesías desta gran poetisa. E tamén se fixo un mural na entrada da porta para celebralo. Así como algúns traballiños dos rapaces de 5 anos.

Aquí tedes unhas fotos que  esperamos que as disfrutedes tanto coma nós!!



















lunes, 21 de febrero de 2022

 SEMANA DA POESÍA DE  ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo da celebración do nacemento de Rosalía, esta semana adicaremos o luns, martes e mércores para recitar poesías de Rosalía nos 20 minutos establecidos para a hora de lectura. 

Os encargados de recitar as poesías polas aulas será o alumnado do 3º ciclo de primaria e  a clase de 2º A.
Cada día irán  polas  aulas 2 quendas de nen@s por clase.

Preme na foto para ver os videos  e fotos dese día.


LUNS 21 DE FEBREIRO



MARTES 22 DE FEBREIRO



MÉRCORES 23 DE FEBREIRO










martes, 15 de febrero de 2022

GENIALLY DE ROSALÍA DE CASTRO


Para traballar esta grande poetisa podedes facer estes genially que profundizan na vida e obra de Rosalía.

Só tedes que fixarvos a qué ciclo pertencedes para elixir un.

TOCA XOGAR E  DISFRUTAR!!!

1º CICLO DE PRIMARIA E INFANTIL



 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA




viernes, 28 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Hoxe, venres 28 de Decembro, celebramos o Día escolar da non Violencia e da  Paz no cole de San Tomé.

Para esta celebración elaborouse un mural que se expuxo na entrada do colexio. Foi montado polo 2º ciclo de primaria e empregouse a lingua galega  para transmitir unha mensaxe de paz e esperanza.

O mural quedou así de chulo:





Dende o cole preparouse unha saída, logo do recreo, á praza de  Fefiñáns para a realización dos bailes e cancións preparados pola profe Mónica para este día. Houbo tanto cancións en galego coma noutros idiomas.

As cancións e bailes foron: Terra de Tanxugueiras; A pomba da Paz 2022; Libertad de Nil Moliner (lingua de signos); My bestie and your bestie de Alda Recalde.

Na praza distribuíuse o alumnado en círculos concéntricos, respectando a distancia entre eles, do seguinte xeito: 6º de primaria no centro, logo infantil, 1º e 2º de primaria e por último, 3º, 4º e 5º de primaria. O alumnado de 6º de primaria serviu de modelo para o resto do alumnado, nos bailes preparados para este día, dende as clases de música.

Gracias de todo corazón profe Mónica por estes bailes e ensaios tan maravillosos!!

Foi un día para recordar !!



 

Tamén podedes ver dende este enlace, o vídeo feito  pola coordinadora de actividades complementarias e extraescolares, o día tan estupendo que  viviron os escolares  festexando a paz:

Día da Paz 2022

Gracias Andrea por este vídeo, tan fermoso!!




Dende o equipo de EDLG queremos compartir con tod@s vós o maravilloso calendario de 2022 que fixemos en colaboración coas clases de Infantil e Primaria do cole.

Este ano estaba adicado ao fenómeno xacobeo: Camiños para chegar a  Santiago de Compostela.

Desglose por clases:

 INFANTIL 5 ANOS: portada


2º PRIMARIA A: Pórtigo da Gloria


4º PRIMARIA A: camiño central portugués (Xaneiro)


3º PRIMARIA A: Camiño de Santiago primitivo (Febreiro)


3º PRIMARIA B: Camiño de Santiago francés (Marzo)



5º -6º PRIMARIA: Camiño do Norte (Abril)



4º PRIMARIA C: Camiño de Inverno (Maio)

1º PRIMARIA B: Camiño do sudeste-Vía da Prata (Xuño)


5º-6º  PRIMARIA: Camiño do interior (Xullo)



4º PRIMARIA B:  Camiño Inglés (Agosto)


2º PRIMARIA B: Camiño das Torres (Setembro)


5º-6º PRIMARIA: Camiño Portugués pola Costa (Outubro)


5º-6º PRIMARIA: Mar de Arousa e río Ulla (Novembro)


1º PRIMARIA  A:  Camiño de Fisterra e Muxía (Decembro)


INFANTIL 3-4 ANOS: contraportada