viernes, 29 de mayo de 2015

CONTANDO CONTOS

Esta semana veu a mestra DOLO da  EEI  da PASTORA a contar un conto aos nen@s de 3anos de E.Infantil.





O BRINCAFAROS

ESTE TRABALLO FOI ELABORADO POR TÓDOLOS NEN@S DO CEIP SAN TOMÉ.

TRÁTASE DUN XOGO ONDE OS NEN@S TEÑEN QUE COLOCAR A DEFINICIÓN DAS PARTES DO FARO , NO PANEL QUE LLE CORRESPONDA.
CADA MURAL ESTÁ ACOMPAÑADO DA SÚA FICHA TÉCNICA ; QUE PREVIAMENTE FOI TRABALLADA  NA AULA.


                                                 

domingo, 17 de mayo de 2015

O GALEGO , NOSA LÍNGUA NAI

HOXE CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS , QUE É O DIA DA NOSA LÍNGUA .


CANTEMOS E DEFENDAMOS A NOSA LÍNGUA NAI "O GALEGO"




                                                 

Ofrenda a Ramón Cabanillas 2015 (Letras Galegas)

O pasado venres celebrouse na Calzada a tradicional ofrenda a Ramón Cabanillas co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

A edición deste ano estaba adicada a Xosé Filgueira Valverde, e os nenos e nenas de 3º de Primaria realizaron unha montaxe musical repasando a súa vida e obra.

A continuación podedes ver un vídeo da súa actuación:








viernes, 15 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS





     O venres  no cole celebramos o día das LETRAS GALEGAS   con moita ledicia e agarimo.
        

        Dende o dpto de Música, a  mestra Mónica  e os alumnos de 5anos , 3ºs e 4ºs   cantaron, bailaron, recitaron  poemas de Filgueira Valverde e cancións populares.

    Quedamos impresionados do maravilloso traballo dos nenos e a mestra.
                                           B.R.A.V.O.         BRAVO!!!!!!!! 

Durante esta semana estivemos preparando o MURAL DAS LETRAS GALEGAS .
Cada titora na súa aula e con axuda dos nenos pintaron e escribiron as obras do "VELLO PROFESOR"(XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE).

Como este ano o noso proxecto vai sobre os faros tamén o  Mural é un faro.
           O FARO DO  VELLO PROFESOR 

Non esquecer os traballos  que os nenos realizaron arredor da figura deste escritor, historiador, profesor.....

                             este é o vídeo cos maravillosos debuxos