miércoles, 12 de noviembre de 2014




Este video é un proxecto común feito por tres escolas .  Aquí está o remate do proxecto. Espero que vos guste

martes, 11 de noviembre de 2014



  FARO DE ONS 


     Si picades na foto do faro teredes información sobre os faros de Galicia.  No blog de Lectoriño tamén hai información sobre os faros.

sábado, 8 de noviembre de 2014






HALLOWEEN        SAMAÍN



O venres celebramos o MAGOSTO  no cole. O tempo tamén quixo celebralo con nós.

no blog de Extraescolares tendes  as fotos dos nenos xogando e comendo castañas.

Na imaxe de RECURSOS DE OUTONO podedes atopar unha serie de traballos e actividades para facer na aula durante esta  estación .

viernes, 10 de octubre de 2014

   FAROS DE GALICIA  





O alumnado de 5º de Primaria do CEIP Fondo Nois, Nois, Foz (Lugo), baseándose no libro de José Luís Cortés "Un cuiño independente", elaborao un un vídeo-conto coas aventuras do seu protagonista César Pompeio.
Non está demáis , agora que xa estamos iniciados no novo curso ; ter en conta unhas normas de clase ,para mellorar o compartamento e tamén a convivencia entre todos nós.

Aquí tendes estas que foron elaboradas polo ceip Campolongo de Pontevedra

martes, 30 de septiembre de 2014

Xa  comezamos as clases como sempre,  cheos de ledicia por voltar a ver aos nosos amigos e  coñecer aos novos.

Este ano imos iluminar o noso maxín  con  novas ideas e gañas de traballar , disfrutar e pensar.

jueves, 19 de junio de 2014


       ATA PRONTO , BOA SORTE!!!!!!!!!!!

   O venres despedimos o curso escolar, hoxe decimos ata pronto aos de 6º.

Un grupo de alumnos/as que foron medrando conosco; e hoxe despiden unha etapa da súa vida p, para comezar outra andaina.

Agardamos que as nosas ensinanzas lle sexan proveitosas  ao longo da súa vida . Desexamos que leven un bo recordo do seu paso pola escola.
Tamén facer extensible  o cariño e os bos desexos a nosa compañeira e mestra TERESA que remata un longo camiño laboral para comezar unha etapa de disfrute personal e familiar.

martes, 17 de junio de 2014

O Eco de San Tomé 2014

Aquí tedes en primicia a nova edición da nosa revista escolar: O Eco de San Tomé.

Son 126 páxinas cheas de traballos realizados na aula que serven para facer un resumo do que foi este curso 2013/2014.

A revista deste ano comeza e remata coa mesma protagonista, a mestra Teresa, que decidiu xubilarse e non quixo facelo sen adicarnos unhas palabras. Dende o equipo de Dinamización e Normalización Lingüística -e facémolo extensivo a todos os membros da comunidade educativa- queremos desexarlle moita sorte nesta nova etapa da súa vida.
Versión para descargar

martes, 10 de junio de 2014

VISITA DO ESCRITOR RICARDO GÓMEZ

http://santomemusica.blogspot.com.es/2014/06/rap-ojo-de-nube-colaboracion-musical.htmlHoxe recibimos a visita do escritor Ricardo Gómez.  Durante este curso traballamos   o seu libro " Ojo de Nube". A historia vai sobre os indios Crow.Por iso
hoxe  fixémoslle  unha benvida que non esquecerá en moito tempo.Montamos un poblado indio e  a él chamámoslle  " Anteojo de Nube".

Logo no ximnasio todos xuntos , fixemos preguntas , cantamos , ensinamos os nosos amuletos e recitamos.
Resultou unha velada moi emotiva , emocionante e agarimosa.
Todo esta actividade non sería posible si non fora polo maravilloso traballo que levaron a cabo as mestras e alumnos de Infantil ; así como o estimable i espectacular  posta en escea e representación musical cos nenos  de 5º e 6º que a mestra Mónica organizou e dirixiu. 
                                                           
Dende o Blog de EDNL   quero felicitar o equipo de INFANTIL  o DPTO DE MÚSICA e  a mestra ELVIRA  que foi a armadanzas deste embrollo e dar os meus       
                                                                                         
    PARABENS E FELICITACIÓNS





miércoles, 21 de mayo de 2014

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS EN SAN TOMÉ

Os nen@s da nosa escola, celebramos o día das Letras Galegas  o pasado venres.




Grazas á profe Mónica , que preparou con moito cariño  un recitado musical que resultou moi bonito e garimoso.

martes, 20 de mayo de 2014

Ofrenda a Cabanillas (Letras Galegas 2014)

Como cada ano e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas os centros escolares de Cambados realizan unha ofrenda a Ramón Cabanillas. A continuación poñemos o vídeo coa participación dos nosos alumnos de 4º de Primaria na devandita ofrenda.



viernes, 16 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS EN SANTOMÉ

Ao longo desta semana , no cole traballamos a figura de Xosé Mª Díaz Castro , dunha maneira moi especial. Cada ciclo fixo os seus traballos arredor deste home.
O departamento de música  , coa profe Mónica , doulle un toque de festa a este día e creou  unha  pequena melodía para o recitado do poema "Ai Capitán "; a cargo dos nenos de 4º.

Resultou unha presentación e  posta en escea ,  moi digna e loubada.
Aquí deixo unha mostra. Tamén todolos nen@s  colaboraron na confección do noso mural. Grazas a profe Elena , que  dirixiu e organizou a súa elaboración .



viernes, 25 de abril de 2014

miércoles, 23 de abril de 2014

VERBAS E NIMBOS FLORIDOS

 Dende este blogue queremos  dar as GRAZAS a todos os nenos/as  e mestres/as, así como a todos os pais dos nenos/as de infantil pola súa colaboración, creatividade e participación. Damos a benvida á primavera con flores e poemas.

Para todos  , este vídeo como homenaxe.  Espero  que o disfruten.!!!







martes, 22 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

 Hoxe 23  de Abril, celebramos o día do libro. 

Un libro fainos soñar e viaxar   co noso maxín .  FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

viernes, 14 de marzo de 2014

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

Si picades na foto  da figura das letras galegas 2014 , tendes a vosa disposición actividades e recursos para traballar, consultar e aprender.

domingo, 2 de marzo de 2014

OS CARTEIS DO ENTROIDO

Enhoraboa !!!!!  polo traballo ben feito .

Aquí está  unha mostra desta actividade que fixemos para coñecer mellor as figuras máis destacadas do entroido en Galicia.


Cada nivel elaborou un cartel e traballaron  na aula a figura destacada. 


PUCHOS DE CHANTADA  INFANTIL
O RAVACHOL DE PONTEVEDRA  INFANTIL

O VELLARÓN DE RIÓS         1º




 
                                 
AS PANTALLAS DE XINZO DE LIMIA      2º

  
OS CIGARRÓNS DE VERÍN          3º


OS XENERAIS DO ULLA 4º





MADAMAS E GALÁNS DE VILABOA      5º



OS BOTEIROS        6º


miércoles, 19 de febrero de 2014

Aquí está o traballo dos nenos /as de 4º para celebrar o San Valentín e deixar por escrito o seu desexo

jueves, 13 de febrero de 2014

OS DESEXOS DO CORAZÓN

COA CHEGADA DE SAN VALENTÍN , EN SANTOMÉ ESTAMOS PREPARANDO A NOSA ÁRBORE PARA ENCHELA DE MOITOS DESEXOS QUE OS NENOS/AS DE 4º CURSO PREPARARON. SI PICADES NO SAN VALENTÍN TENDES RECURSOS PARA XOGAR E TRABALLAR NA AULA


NA VINDEIRA SEMANA OS NENOS /AS DE 4º TERÁN UNHA VISITA MOI DESEXADA I ESPECIAL.

O ESCRITOR DAVID FERNÁNDEZ SIFRES , VIRÁ Á ESCOLA PARA FALAR E COMENTAR COS NENOS SOBRE O SEU LIBRO, NO QUE ESTIVERON LENDO.

PICADE NA FOTO E  COÑECEREDES UN POUCO MÁIS SOBRE O AUTOR.

jueves, 30 de enero de 2014

CELEBRAMOS A PAZ

O día 30 de xaneiro ,os nenos/as de San Tomé saimos ao patio para celebrar e cantar no día da Paz.

Soltamos pombas , que voaron  xunto co globo de cores. cantamos  e bailamos a canción da Paz.

No ximnasio os alumnos/as de 5º e 6º cantaron e tocaron para todos . Grazas a  todos e tamén as mestras Mónica e Guadalupe por facer e coordinar esta maravillosa representación.

                  Mandela foi este ano o protagonista do día da paz .Aquí tendes unha das súas frases