martes, 13 de junio de 2023

REVISTA O ECO DE SAN TOME 2023

REMATAMOS O CURSO 2022-23   PUBLICANDO A REVISTA DIXITAL, Nº 32, "O ECO DE SAN TOMÉ".

DENDE EDLG AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO FEITO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SANTOME: INFANTIL; 1º, 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA; ASÍ COMO O CLUBE DE CIENCIA E AS ACTIVIDADES MUSICAIS.

PARA PODER VER A REVISTA  SÓ TENDES QUE PREMER NA FOTO:






                    FELICES VACACIÓNS!!



jueves, 1 de junio de 2023

Entrevista a Ramón Cabanillas, POETA DA RAZA



 Un 3 de xuño de 1876 naceu en Cambados o POETA DA RAZA  Ramón Cabanillas Enríquez, a quen lle adicamos o podcast deste mes.


Gran defensor do idioma galego, da cultura galega e do pobo galego, agardamos que escoitando o podcast vos animedes a saber  un pouco máis da súa  emocionante vida e da súa obra!!




Participou  alumnado de 6ºB de primaria e fixeron os papeis de entrevistadora (Laura), poeta (David), letores de fragmentos da súa obra (Josías e Ángela) e tamén tivemos técnico e director de podcast (Miguel).  Moitas grazas a todos por participar!!

 






A maiores puxemos un recuncho adicado a Ramón Cabanillas con libros e fotos da súa obra e vida, preto da biblioteca escolar:











martes, 16 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS 2023, OFRENDA FLORAL


Oito rapazas e rapaces de sexto de primaria do colexio de San Tomé participaron  hoxe (en representación do cole), na ofrenda floral organizada polo concello de Cambados, con motivo de celebrar o día das Letras Galegas 2023.
Este ano adicado a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Particamos xunto con outros coles e institutos da contorna.

Foi un día moi especial e moi bonito onde exaltamos o noso idioma e a nosa cultura.
Preme na foto para poder ver o ven que o pasamos: 




No colexio esta semana preparamos entre todos un panel que se expuxo hoxe na calzada de Cambados, xunto con outros paneis dos outros coles e institutos.
Adicamos o panel á función de Don Francisco como fundador da editorial Galaxia. 
O equipo de EDLG deu a cada clase unhas plantillas de lomos de libros para que cada alumna/o pintara un lomo dun libro publicado pola editorial Galaxia que logo pegamos no panel. 

Tamén se debuxaron  personaxes de libros da editorial Galaxia nos ciclos superiores (2º e 3º) e a figura de Don Francisco Fernández del Riego nos ciclos inferiores (1º e infantil).
Con tódolos debuxos montamos varios contos animados para disfrute de todos. Fixemos QR e os pegamos tamén no panel.







domingo, 14 de mayo de 2023

FIGURAS ANIMADAS DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, EDUCACIÓN INFANTIL

LETRAS GALEGAS 2023

 O ciclo de Educación Infantil  do noso colexio estivo debuxando figuras de Francisco Fernández del Riego,  autor homenaxeado  nas letras galegas 2023.

Logo déuxelle animación a estas figuras  e montáronse varios vídeos. Aquí tedes un exempro::






FIGURAS ANIMADAS DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, PRIMEIRO CICLO

 

  LETRAS GALEGAS 2023

O primeiro ciclo de primaria do noso colexio estivo debuxando figuras de Francisco Fernández del Riego,  autor homenaxeado  nas letras galegas 2023.

Logo déuxelle animación a estas figuras  e montouse un vídeo con todas elas:









 

PERSONAXES ANIMADOS EDITORIAL GALAXIA TERCEIRO CICLO

  LETRAS GALEGAS 2023

O terceiro ciclo de primaria do noso colexio estivo debuxando personaxes  de libros da editorial Galaxia. Pois, Francisco Fernández del Riego,  autor homenaxeado  nas letras galegas 2023, foi o seu fundador.

Logo déuxelle animación a estes personaxes  e montouse un vídeo con todes eles:








sábado, 13 de mayo de 2023

PERSONAXES ANIMADOS EDITORIAL GALAXIA SEGUNDO CICLO


  LETRAS GALEGAS 2023

O segundo ciclo de primaria do noso colexio estivo debuxando personaxes  de libros da editorial Galaxia. Pois, Francisco Fernández del Riego,  autor homenaxeado  nas letras galegas 2023, foi o seu fundador.

Logo déuxelle animación a estes personaxes  e montouse un vídeo con todes eles:







 

jueves, 11 de mayo de 2023

EXCURSIÓN DAS CLASES DE CUARTO A E B A PADRÓN

 Hoxe fomos cos cuartos de  visita a Padrón.

Primeiro visitamos a Casa.Museo de Rosalía de Castro e logo visitamos a fundación de Camilo José Cela así como o museo de ferrocarril que hai dentro da fundación.

Como hoxe era o aniversario de Don Camilo, pois naceu un 11 de maio alá por 1916, participamos na ofrenda floral que había preparada.

Logo rematamos a excursión no xardín botánico de Padrón.

Preme na foto se estás interesado nesta excursión!!






martes, 9 de mayo de 2023

VISITA DA PROFE CONTACONTOS MARISA DO COLEXIO DE CASTRELO

 Boa tarde, hoxe veu contar un  contiño a profe Marisa do colexio de Castrelo.

Elixiu vir para as clases de terceiro. Contoulles o conto "A banda de Vilacendoi" e foi todo un éxito.

Preme na foto para descubrir o ben que o pasamos!!








jueves, 4 de mayo de 2023

VISITA DA PROFE CONTACONTOS DO COLEXIO DE CORVILLÓN

 Hoxe veu contar un conto ao ciclo de infantil a profe de Corbillón Vanesa.

Contounos o conto "un becho estraño" de Mon Daporta.

Como somos 104 rapazas e rapaces en EI fixo dúas sesións. Primeiro foron as clases de 5 anos  e unha clase de 3 anos e logo foron as clases de 4 anos e outra clase de 3 anos.

Preme na foto para poder ver o ven que o pasamos!!




Deixounos o "becho estraño" para colorear e mirade que ben quedou!!




viernes, 28 de abril de 2023

FESTIVAL DOS MAIOS 2023

 Celebramos os maios no cole San Tomé!!

Este venres celebramos os maios en colaboración con outros coles a través do concello de Cambados; e tamén participaron os centros de día e o asilo.

Pasamos a semana ensaiando e o xoves preparamos o noso maio.

Premede na foto para disfrutar connosco deste momento:





miércoles, 26 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE CONTOS

 Hoxe, 26 de abril,o profe Manu foi contar o conto ao colexio de Magariños. 

Levou un conto escrito por el e contoullo aos rapaces e rapazas  de 1º de primaria.

A experiencia non puido ser máis boa e con gañas de repetir anos vindeiros!!













VISITA DA PROFE DO COLE DE VILARIÑO

 O martes 25 de abril veu contar o conto a profe de infantil do colexio de Vilariño.

Veu contar o conto á clase de 3 anos A e a experiencia foi fantástica e con gañas de repetir!!








MES DE ABRIL, MES DE CONTOS

 O martes 25  tocou ir contar o conto ó colexio da Modia e encargouse a profe Bea,

O colexio da Modia ten rapazas e rapaces de idades mesturadas entre 3 e 6 anos.

 A experiencia non puido ser mellor e aquí tedes unhas fotos que nos van deixar un moi bo recordo!!






24 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 Esta semana festexamos o día do libro o luns 24 de abril  e  como vimos facendo  estes últimos anos fixemos o apadriñamento lector despois do recreo.

O apadriñamento consiste en que os rapaces dos cursos superiores (os padriños) veñen buscar aos rapaces dus cursos inferiores (os afillados) e marchan xuntos a ler un conto no recuncho do colexio que máis lles guste.

Logo dende o equipo de biblioteca fíxose un concurso de podcast e elixíronse os gañadores dos distintos ciclos de primaria e infantil.

Por suposto, léronse moitos libros en galego e os podcast estaban feitos no noso querido idioma.

Se premedes na foto podedes ver que momento máis bonito pasamos no noso colexio!!




jueves, 20 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE CONTOS CON MÚSICA

 TEATRO MIGALLAS

Hoxe  o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria disfrutaron  da  contacontos  Bea Campos e do músico Manuel, pertencentes a Migallas Teatro.

Uns días antes as profes puidemos escoller entre un montón os libros para contar.

 No primeiro ciclo de primaria elixiron: Tío Lobo, Daniela Pirata, o libro dos porcos e un agasallo diferente. 

No ciclo de infantil elixiron: o coelliño branco, garabancillo, unha eiruga moi larpeira e os tres bandidos.

Disfrutamos moito dos contos con música e se premes na foto poderán ver o  ben que o pasamos!!




martes, 18 de abril de 2023

Entrevista a Yolanda Castaño

 Un 19 de abril de 1977 naceu en Santiago de Compostela a poetisa en lingua galega  e tradutora Yolanda Castaño, a quen lle adicamos o podcast deste mes.

 Agardamos que escoitando o podcast vos animedes a saber  un pouco máis da súa  obra!!





As rapazas e rapaces que participaron foron Sara e Miguel de 6º de primaria que fixeron de Yolanda Castaño e entrevistador respectivamente. A continuación leron as poesías alumnado de 3º de primaria. Moitas gracias a todos por participar!!







lunes, 17 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DOS LIBROS

 Hoxe 17 de abril   a  profe  Noelila vai ir de contacontos ó colexio CEIP Castrelo para contar o conto Coidado co charca! ao alumnado de infantil. 

Os rapaces pasárono xenial e para a contacontos foi unha experiencia inolvidable.




viernes, 14 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE LIBROS

 O venres 14 de abril  visitamos o colexio  CEIP Enrique Barreiro Piñeiro. Esta vez a profe Andrea leu  o conto "coidado coa charca!"  ao alumnado de infantil. A experiencia foi estupenda e a contacontos non o puido facer mellor.

Con respecto ó libro elixido foi escrito por José Carlos Román García e ilustrado por Emilio González Urberuaga.  Dicir que a nosa charca é un sitio singular, aos animais do bosque gústalles moito pero...plof! que ocorreu na charca? A abella, a mosca, a xoaniña, o caracol, o coello, o ourizo e ata un elefante desfilarán por este divertido conto que se desenvolve cunha estructura acumulativa-repetitiva. Unha aventura que fará rir e gozar a pequechos e grandes, atraeralles polo dinamismo, colorido e expresividade das súas ilustracións e sorprenderano a todos polo seu final. 

Aquí vos deixamos unha foto desta inolvidable experiencia!!




miércoles, 12 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE LIBROS

 O martes 12 de abril visitamos a escola de EI da  Pastora. Esta vez foron os rapaces e rapazas de 3º e 4º de primaria e fixeron varias pezas de teatro para o alumnado desta escola.

As rapazas e rapaces de 4º interpretaron a canción "catro bellos mariñeiros" mediante un teatrillo de sombras feito por eles e tamén interpretaron a canción de migallas "unha vella tiña un can" mediante un teatrillo feito por eles.

As rapazas de 3º de primaria interpretaron a obra "os tres porquiños" mais dándolles un toque moderno.

Preme na foto para ver que ben o pasamos!!









MES DE ABRIL, MES DE LIBROS

 O luns 11 de abril comezamos as nosas saídas aos colexios da contorna para contarlles  un conto aos rapaces.

Comezamos polo CEIP Corbillón e foron de contacontos as profes Miriam e Susana. Léronnlles o conto ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. O conto titulábase De que cor é un bico da escritora Rocío Bonilla.

Respecto ó libro a Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores:xoaniñas vermellas ou ceos azuis, pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello coma unha deliciosas salsa de tomate? Non porque tamén é a cor de cando estás enfadado...Será verde coma os crocodilos que sempre lle pareceron simpáticos?; Imposible porque é a cor das verduras e non lle gusta comelas!. Como podería pescudar de que cor é un bico?

Logo as profes fixeron coas rapazas e rapaces unha botella sensorial de cores; a partires de dúas cores primarias (azul + amarelo)  obtíñase unha cor secundaria (verde). Pois o verde era a cor preferida para un bico dunha das profes!!

Preme na foto para ver a estas contacontos!!




martes, 28 de marzo de 2023

EXCURSIÓN DE 3ºA E 3ºB A PADRÓN

 Hoxe o alumnado de terceiro de primaria fixo a excursión ao pobo de Padrón. Alí visitamos a fundación Camilo José Cela e a Casa-Museo de Rosalía de Castro, merendamos no xardín botánico e paramos a comer no espolón.

Foi un día estupendo e queremos compartir con vós algunhas fotos da excursión. Premede na foto para poder ver máis!!




 

Os próximos son os cuartos!!

martes, 21 de marzo de 2023

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DA POESÍA

 Dende EDLG queremos desexarvos un FELIZ DÍA DA POESÍA con este vídeo  que xa ten varios anos pero no que aparece a poetisa Yolanda Castaño,  a quen lle imos adicar o podcast de abril.

Neste vídeo  Yolanda Castaño recita algúns poemas feitos por poetisas de todo o mundo que foron reivindicando a igualdade dende a escrita.

Premede na foto para ver o vídeo e pasar un bo rato entre poemas!!




domingo, 12 de marzo de 2023

REVISTA: MULLERES MATEMÁTICAS

 Dende EDLG queremos deixar recordo do traballo feito polo alumnado nas clases sobre as mulleres matemáticas escollidas e traballadas.


Premede na foto para acceder á revista e pasar un bo rato!!






sábado, 11 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MULLERES MATEMÁTICAS

Este mércores 8 de marzo celebramos no cole o día da muller e este ano adicámolo ás mulleres matemáticas.

Dende os equipos de normalización e extraescolares proponse elaborar un mural conxunto entre todo o centro sobre mulleres matemáticas importantes na historia ou para o noso centro.

Entregamos a cada aula un folio violeta en A3 coa matemática que lle toque traballar e na aula os nenos/as investigarán sobre ela e reflectirán os datos máis importantes da súa vida, estudos, traballo, etc.

Estes carteis colocaranse formando un mural na entrada.

E aquí tedes o resultado que esperamos que vos guste e se premedes na foto verédelo mellor!!












miércoles, 1 de marzo de 2023

Entrevista a Asorey

 Un 4 de marzo de 1889 naceu na fermosa vila de Cambados, o escultor Francisco Asorey González e para celebralo dende o noso cole queremos facer un podcast.





As rapazas e rapaces que participaron foron Pedro e Paula de 6º de primaria  que foron a técnico e director do podcast. E logo participaron rapazas e rapaces de 4º de primaria. Graciñas a todas e todos!!




viernes, 24 de febrero de 2023

 

 SEMANA DA POESÍA DE  ROSALÍA DE CASTRO


Con motivo da celebración do nacemento de Rosalía, esta semana (tan curta) adicaraemos o xoves 23 e o  venres 24 de febreiro  a  recitar poesías de Rosalía, nos 20 minutos establecidos para a hora de letura. 

Os encargados de recitar as poesías  serán rapazas e rapaces de  3º ciclo de primaria..
Cada día irán  polas  aulas 1 quenda de nen@s por clase. 
Seguro que lles encantará ser bardos por dous días.

Preme nas fotos para velos videos  e fotos dese día.


XOVES 23 DE FEBREIRO






VENRES 24 DE FEBREIRO





jueves, 23 de febrero de 2023

Podcast sobre Rosalía de Castro


Un 23 de febreiro coma hoxe, naceu  a poetisa galega Rosalía de Castro e dende o cole queremos celebralo facendo un podcast.






As rapazas e rapaces que participaron foron Carmen e Breixo de 6º de primaria  que foron a directora e técnico do podcast. E logo participaron rapazas e rapaces de 5º de primaria. Graciñas a todas e todos!!



miércoles, 22 de febrero de 2023

OS BOLECHAS E CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO


CON ESTE VÍDEO DOS BOLECHAS PODEDES COÑECER...


A  ROSALÍA DE CASTRO





CON ESTOUTRO VÍDEO PODEDES COÑECER...

 A CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO







 

GENIALLY SOBRE ROSALÍA

 

Para traballar esta grande poetisa podedes facer estes genially que profundizan na vida e obra de Rosalía.

Só tedes que fixarvos a qué ciclo pertencedes para elixir un.

TOCA XOGAR E  DISFRUTAR!!!

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA

GENIALLY 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA







Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro

 Deixo esta poesía de Rosalía cantada por Amancio Prada para que disfrutedes deste gran día para Galiza!!




viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO E LIBRO DE RECEITAS 2023

O entroido chegou ao cole de San Tomé!!

Nada máis chegar pola mañán ao cole fomos prepararnos para facer o pasarúas pola nosa localidade. Pasámolo xenial e moita xente do  pobo se implicou e nos veu ver.

 Diante do asilo de San Tomé bailamos para a xente anciá e de volta no cole tivemos festa, bailamos e comemos filloas, orellas, frores, etc.

Día fantástico para recordar!!

Dende o equipo de EDLG preparamos un LIBRO DE RECEITAS de postres típicos destas festas: filloas, orellas, frores, rosquillas, e máis.
Participaron moitas das nosas familias  coas súas receitas e despois expuxemos o libro nun atril diante do mural de entroido.

Se premedes na foto podedes ver algunhas das nosas receitas favoritas!!





O EQUIPO DE EDLG DESÉXAVOS FELICES FESTAS A TODOS!!













lunes, 6 de febrero de 2023

TEATRO NO COLE

 As nenas e nenos de 4º de Educación Primaria prepararon a obra de teatro "Unha vella tiña un can".

Eles mesmos decoraron o teatrillo e elaboraron os bonecos.


Representaron a obra nas outras aulas do colexio e foi un éxito.






domingo, 5 de febrero de 2023

MARTINA LÓPEZ

 O venres 3 de febreiro veu visitar o cole Martina López, finalista de go talent 2022





Martina veu visitar o cole pois era amiga dun dos rapaces e cantounos varias cancións. 
Aproveitamos  para pedirlle que nos cantara Lela da novela "os vellos non deben de namorarse" de  Castelao pois estabamos a celebrar a data do seu nacemento.

Ao rematar a visita o alumnado pedíulle autógrafos. 

Foi un día para recordar!!









lunes, 30 de enero de 2023

Día da paz

 Hoxe foi o día da Non Violencia e da Paz no colexio de San Tomé.



Da decoración da entrada encargouse o terceiro ciclo e fixeron este precioso mural. Olé por eles!!

Para decorar o centro todo a comunidade educativa realizamos varias actividades:
Por un lado, puxérronse as pezas dun tangram xigante na entrada, a onde o alumnado baixou por clases a construir a pomba da Paz, estes días.
Por outro lado, realizáronse polas aulas diferentes fórmulas matemáticas con símbolos da Paz.
Se premedes na foto podedes acceder para ver máis:




Despois do patio, polas doce do mediodía, marchamos para a praza do concello de Cambados. Os padriños (alumnado dos ciclos superiores) levaron para a praza aos afillados (alumnado dos ciclos inferiores). 
Na praza lemos o noso manifesto sobre a Paz e tamén bailamos e cantamos algunhas cancións que estivemos preparando dende a aula de música:
-  "O belo que é vivir"
- "A carrasquiña"
- "Grace Kelly" Mika




Podedes premer nos enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=afe_Q44EvCw&list=PLUvR1ohWUqfN8FXx-SThwLViwIl0HJexm&ab_channel=CEIPSanTom%C3%A9

https://www.youtube.com/watch?v=o80x0deRPWo&ab_channel=CEIPSanTom%C3%A9




Este ano non puidemos lanzar o tradicional lanzamento de pombas pero estivo todo xenial!!




viernes, 27 de enero de 2023

Podcast sobre Castelao



O día 29 de xaneiro naceu o noso ilustre Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao e dende o cole queremos celebralo facendo un podcast.






As rapazas e rapaces que participaron foron Ana e Mateo de 6º de primaria  que foron os coordinadores do podcast. E logo participaron rapazas e rapaces de 1º ciclo de primaria. Graciñas a todas e todos!!




Tamén preparamos un pequeno recuncho na entrada do cole con algúns libros de Castelao para que durante esta semana se puideran ver, ler, tocar, etc.