martes, 20 de noviembre de 2018

Magosto

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos mostrarvos como festexamos o Magosto no C.E.I.P. San Tomé. A verdade é que non nos aburrimos, xa que primeiro entretémonos cuns divrtidos xogos populares para rematar a xornada escolar xantando unhas castañas asadas como manda a tradición.
 Da gusto vivir o Magosto na escola!!!







domingo, 7 de octubre de 2018

BENVIDOS/AS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (E.D.L.G) do C.E.I.P San Tomé queremos desexarvos un bo inicio do curso escolar, o cal ven cargado de novos proxectos que vos iremos mostrando, así que estade moi atentos!!!

E como xa sabedes este curso pasará voando!!!


lunes, 21 de mayo de 2018

Muiñeira (Letras Galegas)

É todo un cole capaz de bailar unha muiñeira? Se queres comprobalo non tes máis que botarlle unha ollada a este vídeo co que pechamos os actos de celebración do Día das Letras Galegas.


Letras Galegas (Representación na Calzada)

A continuación deixámosvos o vídeo coa representación que os alumnos de 5º de Primaria fixeron na Calzada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas


jueves, 17 de mayo de 2018

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA QUEREMOS DESEXARVOS UN BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS, E QUE MELLOR XEITO DE FACELO QUE CO CARTEL QUE ELABORAMOS EN HONOR A MARÍA VICTORIA MORENO, O CAL ESTÁ EXPOSTO NA CALZADA DE CAMBADOS.


jueves, 10 de mayo de 2018

GALEATRO: CONTOS NO FAIADO

OLA FAMILIAS, 
COMO SABEDES ESTASE ACHEGANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  POR ISO DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CONSIDERAMOS QUE XA ERA HORA DE QUE O CEIP SAN TOMÉ COMEZARA A  FESTEXALO COA VISITA DA COMPAÑÍA DE TEATRO "GALEATRO". GRAZAS A ELES PUIDEMOS DISFRUTAR DALGUNHAS OBRAS DA ESCRITORA HOMENAXEADA ESTE ANO, MARÍA VICTORIA MORENO, CONCRETAMENTE  " A FESTA NO FAIADO" E TAMÉN GOZAMOS DUN FRAGMENTO DO CONTO "UN CACHIÑO DE BICA" E " " XA NON TEÑO MEDO".

GRAZAS A GALEATRO POR ACHEGAR UN POUCO MÁIS AOS CATIVOS A OBRA  DESTA GRAN ESCRITORA!!








viernes, 23 de marzo de 2018

Visítanos Chrystyan Magic

Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega quixemos contribuír ao fomento do galego dunha forma especial e única, iusionando a todos os nenos/as do centro coa visita de Chrystyan Magic. Este mago fíxonos soñar, sorrir  e abraiarnos cos seus trucos de maxia adaptados as idades dos nenos/as e todo isto entrelazado pola historia do libro " Atrapado na Torre" que ten como autor ao noso invitado. 

FORON UNS MOMENTOS MÁXICOS!!!





jueves, 8 de marzo de 2018

Día de Rosalía

A continuación podedes ver o vídeo cos poemas que cada clase recitou na conmemoración do Día de Rosalía de Castro.