jueves, 18 de noviembre de 2021

 OS MONICREQUES DE KUKAS

Hoxe tivemos unha actuación dun artista moi singular: Kukas.


Trouxeron a obra "Xan Perillán compra queixo, compra pan".  

A obra céntrase no Híper mega súper mercado "O Rato Colorado". Mais o trasno do consumo irresponsable persígueo de aquí para acolá... mercará ben? ou deixarase engaiolar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo?

Un espectáculo que mestura o clown e a pantomima coa maxia e os monicreques; compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables.

Pola nosa parte, o CEIP Santomé tivo un día especial saíndo ó auditorio e podendo disfrutar dun fermoso día.

Fomos en dous turnos:

1ª sesión á 11 da mañá:  Educación Infantil e 1º ciclo de primaria.

2º sesión ás 12:30 da mañá: 2º e 3º ciclo de primaria.


Aquí tedes un pequeno vídeo e unhas fotos da actuación:


























No hay comentarios:

Publicar un comentario