viernes, 30 de enero de 2026
martes, 11 de noviembre de 2025
MAGOSTO 2025
Hoxe celebrouse o Magosto no noso colexio.
Debido ao mal tempo non houbo xogos populares e as castañas coméronse nas aulas. Foi un magosto atípico pero pasámolo moi ben.
Logo, o tempo deunos un respiro e saímos ao patio a bailar os trompos.
jueves, 6 de noviembre de 2025
POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO!!!
Para celebrar o Magosto no CEIP San Tomé elaboramos unha exposición de trompos.
Os nenos e nenas poderán traer o seu trompo decorado, deixalo na exposición, e durante o recreo collelo para facelo bailar!
Dende o día 4 ata o 11 de Novembro anímate a traer o teu!
Preme na foto para ver fotos dos trompos e velos bailar.
CONTOS POR SAMAÍN!
EN COORDINACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA DO CENTRO, PROPÚXOSE ESTA ACTIVIDADE DE CREACIÓN DE HISTORIAS DE MEDO EN LINGUA GALEGA, E FOI TODO UN ÉXITO!!.
OS NENOS E NENAS GOZARON DA LECTURA DE CONTOS ORIXINAIS, ELABORADOS POLO ALUMNADO DAS OUTRAS AULAS, ONDE SE DEU RENDA SOLTA Á IMAXINACIÓN.
COMO RESULTADO MOITAS PUBLICACIÓNS QUE PASARÁN A FORMAR PARTE DA BIBLIOTECA DO CENTRO.
martes, 4 de noviembre de 2025
SAMAÍN 2025
CHEGOU SAMAÍN!
Este venres, 30 de Outubro, celebramos no CEIP San Tomé o Samaín.
Os últimos 15 días, toda a comunidade educativa andivo moi atarefada cos preparativos.
Por fin chegou o gran día e houbo música tenebrosa, obradoiros, comida e moito misterio arredor do cole.
Preme na foto para ver imaxes dese dia!
jueves, 30 de octubre de 2025
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


