REMATAMOS O CURSO 2022-23 PUBLICANDO A REVISTA DIXITAL, Nº 32, "O ECO DE SAN TOMÉ".
DENDE EDLG AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO FEITO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SANTOME: INFANTIL; 1º, 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA; ASÍ COMO O CLUBE DE CIENCIA E AS ACTIVIDADES MUSICAIS.
PARA PODER VER A REVISTA SÓ TENDES QUE PREMER NA FOTO:
Un 3 de xuño de 1876 naceu en Cambados o POETA DA RAZA Ramón Cabanillas Enríquez, a quen lle adicamos o podcast deste mes.
Gran defensor do idioma galego, da cultura galega e do pobo galego, agardamos que escoitando o podcast vos animedes a saber un pouco máis da súa emocionante vida e da súa obra!!
Participou alumnado de 6ºB de primaria e fixeron os papeis de entrevistadora (Laura), poeta (David), letores de fragmentos da súa obra (Josías e Ángela) e tamén tivemos técnico e director de podcast (Miguel). Moitas grazas a todos por participar!!
A maiores puxemos un recuncho adicado a Ramón Cabanillas con libros e fotos da súa obra e vida, preto da biblioteca escolar:
Oito rapazas e rapaces de sexto de primaria do colexio de San Tomé participaron hoxe (en representación do cole), na ofrenda floral organizada polo concello de Cambados, con motivo de celebrar o día das Letras Galegas 2023.
Este ano adicado a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.
Particamos xunto con outros coles e institutos da contorna.
Foi un día moi especial e moi bonito onde exaltamos o noso idioma e a nosa cultura.
Preme na foto para poder ver o ven que o pasamos:
No colexio esta semana preparamos entre todos un panel que se expuxo hoxe na calzada de Cambados, xunto con outros paneis dos outros coles e institutos.
Adicamos o panel á función de Don Francisco como fundador da editorial Galaxia.
O equipo de EDLG deu a cada clase unhas plantillas de lomos de libros para que cada alumna/o pintara un lomo dun libro publicado pola editorial Galaxia que logo pegamos no panel.
Tamén se debuxaron personaxes de libros da editorial Galaxia nos ciclos superiores (2º e 3º) e a figura de Don Francisco Fernández del Riego nos ciclos inferiores (1º e infantil).
Con tódolos debuxos montamos varios contos animados para disfrute de todos. Fixemos QR e os pegamos tamén no panel.
O terceiro ciclo de primaria do noso colexio estivo debuxando personaxes de libros da editorial Galaxia. Pois, Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas letras galegas 2023, foi o seu fundador.
Logo déuxelle animación a estes personaxes e montouse un vídeo con todes eles:
O segundo ciclo de primaria do noso colexio estivo debuxando personaxes de libros da editorial Galaxia. Pois, Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado nas letras galegas 2023, foi o seu fundador.
Logo déuxelle animación a estes personaxes e montouse un vídeo con todes eles: