viernes, 28 de abril de 2023

FESTIVAL DOS MAIOS 2023

 Celebramos os maios no cole San Tomé!!

Este venres celebramos os maios en colaboración con outros coles a través do concello de Cambados; e tamén participaron os centros de día e o asilo.

Pasamos a semana ensaiando e o xoves preparamos o noso maio.

Premede na foto para disfrutar connosco deste momento:





miércoles, 26 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE CONTOS

 Hoxe, 26 de abril,o profe Manu foi contar o conto ao colexio de Magariños. 

Levou un conto escrito por el e contoullo aos rapaces e rapazas  de 1º de primaria.

A experiencia non puido ser máis boa e con gañas de repetir anos vindeiros!!













VISITA DA PROFE DO COLE DE VILARIÑO

 O martes 25 de abril veu contar o conto a profe de infantil do colexio de Vilariño.

Veu contar o conto á clase de 3 anos A e a experiencia foi fantástica e con gañas de repetir!!








MES DE ABRIL, MES DE CONTOS

 O martes 25  tocou ir contar o conto ó colexio da Modia e encargouse a profe Bea,

O colexio da Modia ten rapazas e rapaces de idades mesturadas entre 3 e 6 anos.

 A experiencia non puido ser mellor e aquí tedes unhas fotos que nos van deixar un moi bo recordo!!






24 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

 Esta semana festexamos o día do libro o luns 24 de abril  e  como vimos facendo  estes últimos anos fixemos o apadriñamento lector despois do recreo.

O apadriñamento consiste en que os rapaces dos cursos superiores (os padriños) veñen buscar aos rapaces dus cursos inferiores (os afillados) e marchan xuntos a ler un conto no recuncho do colexio que máis lles guste.

Logo dende o equipo de biblioteca fíxose un concurso de podcast e elixíronse os gañadores dos distintos ciclos de primaria e infantil.

Por suposto, léronse moitos libros en galego e os podcast estaban feitos no noso querido idioma.

Se premedes na foto podedes ver que momento máis bonito pasamos no noso colexio!!




jueves, 20 de abril de 2023

MES DE ABRIL, MES DE CONTOS CON MÚSICA

 TEATRO MIGALLAS

Hoxe  o alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria disfrutaron  da  contacontos  Bea Campos e do músico Manuel, pertencentes a Migallas Teatro.

Uns días antes as profes puidemos escoller entre un montón os libros para contar.

 No primeiro ciclo de primaria elixiron: Tío Lobo, Daniela Pirata, o libro dos porcos e un agasallo diferente. 

No ciclo de infantil elixiron: o coelliño branco, garabancillo, unha eiruga moi larpeira e os tres bandidos.

Disfrutamos moito dos contos con música e se premes na foto poderán ver o  ben que o pasamos!!




martes, 18 de abril de 2023

Entrevista a Yolanda Castaño

 Un 19 de abril de 1977 naceu en Santiago de Compostela a poetisa en lingua galega  e tradutora Yolanda Castaño, a quen lle adicamos o podcast deste mes.

 Agardamos que escoitando o podcast vos animedes a saber  un pouco máis da súa  obra!!





As rapazas e rapaces que participaron foron Sara e Miguel de 6º de primaria que fixeron de Yolanda Castaño e entrevistador respectivamente. A continuación leron as poesías alumnado de 3º de primaria. Moitas gracias a todos por participar!!