E CHEGOU O GRAN DÍA...
Hoxe foi un día grandioso no CEIP San Tomé: houbo música tenebrosa, obradoiros, xincanas e moito misterio arredor do cole.
Premede na foto se queredes pasar un rato vendo as fotos: FELIZ SAMAÍN
E CHEGOU O GRAN DÍA...
Hoxe foi un día grandioso no CEIP San Tomé: houbo música tenebrosa, obradoiros, xincanas e moito misterio arredor do cole.
Premede na foto se queredes pasar un rato vendo as fotos: FELIZ SAMAÍN
Toda a comunidade educativa do cole de San Tomé anda estes días moi atarefado preparando o Samaín...
Aquí vos deixamos algunhas fotos do bonito que está quedando todo.
PREMEDE SEN MEDO na foto para poder velas!!
REMATAMOS O CURSO 2021-22 PUBLICANDO A REVISTA DIXITAL, Nº 31, "O ECO DE SAN TOMÉ".
DENDE EDLG AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO FEITO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SANTOME: INFANTIL; 1º, 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA; ASÍ COMO O CLUBE DE CIENCIA E AS ACTIVIDADES MUSICAIS.
AHÍ VOS DEIXAMOS O ENLACE:
O CEIP San Tomé de Cambados e o IES Alexandre Bóveda de Vigo foron elixidos este venres como centros gañadores da 4ª edición do concurso de premios de podcast "O Vello dos Contos", organizado pola productora cultural Arraianos en colaboración coa Xunta de Galicia.
Este certame, no que participaron máis de cincuenta traballos de centros educativos de toda Galicia e do Norte de Portugal, recoñece proxectos centrados na difusión do patrimonio material e inmaterial galego e portugués.
Dende o xurado, destacan que esta última convocatoria superou "as mellores expectativas, tanto en calidade como en cantidade".
O CEIP San Tomé de Cambados foi o vencedor na categoría de Primaria co seu proxecto "Entrevista a Don Maio Galán".
Bos días a todas e todos, hoxe celébrase en Galicia o día das Letras Galegas adicado este ano a FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.
O pasado venres 13 de maio celebramos no colexio Ceip San Tomé o día das Letras Galegas.
Primeiro celebramos o evento con outros colexios e institutos pertencentes ao concello de Cambados.
Xuntámonos todos na calzada para celebrar o acto floral.
Do colexio de San Tomé participaron no evento uns 20 rapaces e rapazas que cantaron e recitaron a poesía de Florencio LEMBRANZAS AROUSÁS.
Este é o vídeo: