REMATAMOS O CURSO 2021-22 PUBLICANDO A REVISTA DIXITAL, Nº 31, "O ECO DE SAN TOMÉ".
DENDE EDLG AGARDAMOS QUE VOS GUSTE E QUE DISFRUTEDES VENDO O TRABALLO FEITO POR TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP SANTOME: INFANTIL; 1º, 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA; ASÍ COMO O CLUBE DE CIENCIA E AS ACTIVIDADES MUSICAIS.
O CEIP San Tomé de Cambados e o IES Alexandre Bóveda de Vigo foron elixidos este venres como centros gañadores da 4ª edición do concurso de premios de podcast "O Vello dos Contos", organizado pola productora cultural Arraianos en colaboración coa Xunta de Galicia.
Este certame, no que participaron máis de cincuenta traballos de centros educativos de toda Galicia e do Norte de Portugal, recoñece proxectos centrados na difusión do patrimonio material e inmaterial galego e portugués.
Dende o xurado, destacan que esta última convocatoria superou "as mellores expectativas, tanto en calidade como en cantidade".
O CEIP San Tomé de Cambados foi o vencedor na categoría de Primaria co seu proxecto "Entrevista a Don Maio Galán".
Este venres, 13 de maio, celebramos no cole o día das Letras Galegas , bailando todos xuntos 3 bailes. Para organizarnos fixemos dous círculos concéntricos. O primeiro círculo estaba formado polas rapazas e rapaces de infantil e 1º de primaria. O segundo círculo estaba composto polas rapazas e rapaces de 2º a 6º cursos de primaria. Tamén participamos os profes.
A actuación tivo lugar despois do recreo para poder participar os alumnos que foran ó acto do concello.
Bos días a todas e todos, hoxe celébrase en Galicia o día das Letras Galegas adicado este ano a FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.
O pasado venres 13 de maio celebramos no colexio Ceip San Tomé o día das Letras Galegas.
Primeiro celebramos o evento con outros colexios e institutos pertencentes ao concello de Cambados.
Xuntámonos todos na calzada para celebrar o acto floral.
Do colexio de San Tomé participaron no evento uns 20 rapaces e rapazas que cantaron e recitaron a poesía de Florencio LEMBRANZAS AROUSÁS.
Este é o vídeo:
Na praza estaba o mural que elaboramos no colexio. Cada rapaz tivo que ir pegar a súa foto no panel e cando xa estivo todo pegado, un grupo de rapaces foi pintar o autoretrato de Florencio:
Este foi o resultado:
E como non, o grupo de rapaces e rapazas xunto coa profe Mónica sacou unha foto diante do panel:
Hoxe publicamos dous dos catro PODCAST feitos polo alumnado do CEIP Santomé.
Están adicados á vida e obra do gran poeta Florencio Delgado, ao que se lle adica o día das Letras Galegas de 2022.
Dende o equipo de EDLG darlle as gracias ás rapazas e aos rapaces que tan gustosamente quixeron participar.
Desexamos que disfrutedes moito escoitándoos.