martes, 17 de mayo de 2022

BAILE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este venres, 13 de maio,  celebramos no cole o día das Letras Galegas , bailando todos xuntos 3 bailes. Para organizarnos  fixemos dous círculos concéntricos. O primeiro círculo estaba formado polas rapazas e rapaces de infantil e 1º de primaria. O segundo círculo estaba composto polas rapazas e rapaces de 2º a 6º cursos de primaria.  Tamén participamos os profes.

 A actuación tivo lugar despois do recreo para poder participar os alumnos que foran ó acto do concello.

Como podedes ver a continuación, pasámolo xenial:






 

LETRAS GALEGAS 2022

 Bos días a todas e todos, hoxe celébrase en Galicia o día das Letras Galegas adicado este ano a FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN.

O pasado venres 13 de maio celebramos no colexio Ceip San Tomé o día das Letras Galegas.

Primeiro celebramos o evento con outros colexios e institutos pertencentes ao concello de Cambados.

Xuntámonos todos na calzada para celebrar o  acto floral. 

Do colexio de San Tomé participaron no evento uns 20 rapaces e rapazas que cantaron e recitaron a poesía de Florencio LEMBRANZAS AROUSÁS.

Este é o vídeo:







Na praza estaba o mural que elaboramos no colexio. Cada rapaz tivo que ir pegar a súa foto no panel e cando xa estivo todo pegado, un grupo de rapaces foi pintar o autoretrato de Florencio:




Este foi o resultado:


E como non, o grupo de rapaces e rapazas xunto coa profe Mónica sacou unha foto diante do panel:











martes, 10 de mayo de 2022

As letras de Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Rematamos as letras de Florencio co podcast feito polo alumnado de 3º ciclo de primaria. E como non, esperemos que o disfrutedes igual que os outros!! 



 

As letras de Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Hoxe o podcast adicado á vida e obra de Florencio está feito polo 2º ciclo de primaria.
Estas rapazas e rapaces fixéronno moi ben e con moita ilusión. 
Toca escoitalos e disfrutar!!



 

AS LETRAS DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Hoxe publicamos dous dos catro PODCAST feitos polo alumnado do CEIP Santomé. Están adicados á vida e obra do gran poeta Florencio Delgado, ao que se lle adica o día das Letras Galegas de 2022. Dende o equipo de EDLG darlle as gracias ás rapazas e aos rapaces que tan gustosamente quixeron participar. Desexamos que disfrutedes moito escoitándoos.



   

martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER 


MIGALLAS TEATRO:
Hoxe actuou no cole MIGALLAS e fixo un espectáculo sobre pintoras; achegando ás nenas e nenos a vida e obra de pintoras famosas.

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.


Aquí vos deixo algunhas fotos do seu paso polo colexio.







Tamén durante os primeiros días de marzo dende a aula de música, a profe Mónica, propuxo unha serie de pistas esparcidas polo colexio para que o alumnado tentase adiviñar esta muller música  tan coñecida.

SORTE A TOD@S!!!







miércoles, 23 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


CHEGOU O GRAN DÍA!!

Hoxe rematamos a recitaxe de poesías desta gran poetisa. E tamén se fixo un mural na entrada da porta para celebralo. Así como algúns traballiños dos rapaces de 5 anos.

Aquí tedes unhas fotos que  esperamos que as disfrutedes tanto coma nós!!