Un ano máis presentámosvos a nosa revista escolar feita con moito cariño e ilusión. No seu interior podedes disfrutar de pasatempos, noticias, entrevistas, anuncios... unha boa opción de lecer. Dende o equipo de dinamización da lingua galega esperamos que vos guste.
CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA DO COLE.
A ACTIVIDADE QUE LEVAMOS A CABO CONSISTIU NA ELABORACIÓN DUN MURAL CHEO DE POESÍAS QUE OS NENOS E NENAS FORON CREANDO E RECOLECTANDO, PARA PODER COLLER LIBREMENTE E DESFRUTAR DUN PEQUENO POEMA...
ADEMAIS, FIXEMOS UNHA SEMANA DE RECITAIS DE POESÍA NA BIBLIOTECA, NA CAL AQUELES NENOS E NENAS QUE VOLUNTARIAMENTE QUERÍAN COMPARTIR A SÚA POESÍA COS DEMAIS, PODÍAN LELA PARA TODOS/AS OS ASISTENTES DURANTE O RECREO.
FORON UNHAS XORNADAS MOI ESPECIAIS!!GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORASTEDES E FIXESTEDES POSIBLE ESTA ACTIVIDADE!!!
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega impulsamos unha iniciativa moi interesante en colaboración coa asociación Avimós, a cal consistía en vivenciar o ciclo vital das galiñas de Mos dende o ovo ata o seu nacemento. Para poder experimentar este agasallo da natureza contamos coa axuda do veterinario Diego que nos suministrou toda a información necesaria así como o material preciso, tal como a incubadora. O que se pretendía con esta iniciativa era espertar a curiosidade dos nenos/as polas razas de animais propias de Galicia.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos mostrarvos como festexamos o Magosto no C.E.I.P. San Tomé. A verdade é que non nos aburrimos, xa que primeiro entretémonos cuns divrtidos xogos populares para rematar a xornada escolar xantando unhas castañas asadas como manda a tradición.
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (E.D.L.G) do C.E.I.P San Tomé queremos desexarvos un bo inicio do curso escolar, o cal ven cargado de novos proxectos que vos iremos mostrando, así que estade moi atentos!!!