martes, 26 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA

OUTRO ANO MÁIS CONMEMORAMOS A ROSALÍA DE CASTRO NO NOSO COLE EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE BIBLIOTECA E A MESTRA DE MÚSICA! 

ELABORAMOS UN VÍDEO NO QUE TODAS AS AULAS RECITARON UN ANACO DA POESÍA "EU CANTAR, CANTAR, CANTEI" E QUEDOUNOS XENIAL!



ADEMAIS O LUNS XUNTÁMONOS TODOS E TODAS NO XIMNASIO PARA VELO E TAMÉN PARA RECITAR O FAMOSO POEMA
  "ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES"



E PECHAMOS O CERTAME CANTANDO UNHA CANCIÓN DEDICADA A ROSALÍA:































ADEMAIS ESTA SEMANA NA BIBLIOTECA DURANTE O RECREO OS NENOS E NENAS PODERÁN VOLVER A VER O VÍDEO DA POESÍA QUE RECITARON ELES.



UN SAÚDO!!

lunes, 18 de febrero de 2019

GALIÑAS DE MOS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega impulsamos unha iniciativa moi interesante en colaboración coa asociación Avimós, a cal consistía en vivenciar o ciclo vital das galiñas de Mos dende o ovo ata o seu nacemento. Para poder experimentar este agasallo da natureza contamos coa axuda do veterinario Diego que nos suministrou toda a información necesaria así como o material preciso, tal como a incubadora. O que se pretendía con esta iniciativa era espertar a curiosidade dos nenos/as polas  razas de animais propias de Galicia.
 Foi unha experiencia máxica!!












martes, 20 de noviembre de 2018

Magosto

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos mostrarvos como festexamos o Magosto no C.E.I.P. San Tomé. A verdade é que non nos aburrimos, xa que primeiro entretémonos cuns divrtidos xogos populares para rematar a xornada escolar xantando unhas castañas asadas como manda a tradición.
 Da gusto vivir o Magosto na escola!!!







domingo, 7 de octubre de 2018

BENVIDOS/AS

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (E.D.L.G) do C.E.I.P San Tomé queremos desexarvos un bo inicio do curso escolar, o cal ven cargado de novos proxectos que vos iremos mostrando, así que estade moi atentos!!!

E como xa sabedes este curso pasará voando!!!


lunes, 21 de mayo de 2018

Muiñeira (Letras Galegas)

É todo un cole capaz de bailar unha muiñeira? Se queres comprobalo non tes máis que botarlle unha ollada a este vídeo co que pechamos os actos de celebración do Día das Letras Galegas.


Letras Galegas (Representación na Calzada)

A continuación deixámosvos o vídeo coa representación que os alumnos de 5º de Primaria fixeron na Calzada con motivo da celebración do Día das Letras Galegas