lunes, 30 de junio de 2014
jueves, 19 de junio de 2014
ATA PRONTO , BOA SORTE!!!!!!!!!!!
O venres despedimos o curso escolar, hoxe decimos ata pronto aos de 6º.
Un grupo de alumnos/as que foron medrando conosco; e hoxe despiden unha etapa da súa vida p, para comezar outra andaina.
Agardamos que as nosas ensinanzas lle sexan proveitosas ao longo da súa vida . Desexamos que leven un bo recordo do seu paso pola escola.
Tamén facer extensible o cariño e os bos desexos a nosa compañeira e mestra TERESA que remata un longo camiño laboral para comezar unha etapa de disfrute personal e familiar.
martes, 17 de junio de 2014
O Eco de San Tomé 2014
Aquí tedes en primicia a nova edición da nosa revista escolar: O Eco de San Tomé.
Son 126 páxinas cheas de traballos realizados na aula que serven para facer un resumo do que foi este curso 2013/2014.
A revista deste ano comeza e remata coa mesma protagonista, a mestra Teresa, que decidiu xubilarse e non quixo facelo sen adicarnos unhas palabras. Dende o equipo de Dinamización e Normalización Lingüística -e facémolo extensivo a todos os membros da comunidade educativa- queremos desexarlle moita sorte nesta nova etapa da súa vida.
Versión para descargar

martes, 10 de junio de 2014
VISITA DO ESCRITOR RICARDO GÓMEZ
http://santomemusica.blogspot.com.es/2014/06/rap-ojo-de-nube-colaboracion-musical.htmlHoxe recibimos a visita do escritor Ricardo Gómez. Durante este curso traballamos o seu libro " Ojo de Nube". A historia vai sobre os indios Crow.Por isohoxe fixémoslle unha benvida que non esquecerá en moito tempo.Montamos un poblado indio e a él chamámoslle " Anteojo de Nube".
Logo no ximnasio todos xuntos , fixemos preguntas , cantamos , ensinamos os nosos amuletos e recitamos.
Resultou unha velada moi emotiva , emocionante e agarimosa.
Todo esta actividade non sería posible si non fora polo maravilloso traballo que levaron a cabo as mestras e alumnos de Infantil ; así como o estimable i espectacular posta en escea e representación musical cos nenos de 5º e 6º que a mestra Mónica organizou e dirixiu.
Dende o Blog de EDNL quero felicitar o equipo de INFANTIL o DPTO DE MÚSICA e a mestra ELVIRA que foi a armadanzas deste embrollo e dar os meus
PARABENS E FELICITACIÓNS
miércoles, 21 de mayo de 2014
CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS EN SAN TOMÉ
Os nen@s da nosa escola, celebramos o día das Letras Galegas o pasado venres.
Grazas á profe Mónica , que preparou con moito cariño un recitado musical que resultou moi bonito e garimoso.
martes, 20 de mayo de 2014
Ofrenda a Cabanillas (Letras Galegas 2014)
Como cada ano e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas os centros escolares de Cambados realizan unha ofrenda a Ramón Cabanillas. A continuación poñemos o vídeo coa participación dos nosos alumnos de 4º de Primaria na devandita ofrenda.
viernes, 16 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS EN SANTOMÉ
Ao longo desta semana , no cole traballamos a figura de Xosé Mª Díaz Castro , dunha maneira moi especial. Cada ciclo fixo os seus traballos arredor deste home.
O departamento de música , coa profe Mónica , doulle un toque de festa a este día e creou unha pequena melodía para o recitado do poema "Ai Capitán "; a cargo dos nenos de 4º.
Resultou unha presentación e posta en escea , moi digna e loubada.
Aquí deixo unha mostra. Tamén todolos nen@s colaboraron na confección do noso mural. Grazas a profe Elena , que dirixiu e organizou a súa elaboración .

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)