jueves, 30 de enero de 2014

CELEBRAMOS A PAZ

O día 30 de xaneiro ,os nenos/as de San Tomé saimos ao patio para celebrar e cantar no día da Paz.

Soltamos pombas , que voaron  xunto co globo de cores. cantamos  e bailamos a canción da Paz.

No ximnasio os alumnos/as de 5º e 6º cantaron e tocaron para todos . Grazas a  todos e tamén as mestras Mónica e Guadalupe por facer e coordinar esta maravillosa representación.

                  Mandela foi este ano o protagonista do día da paz .Aquí tendes unha das súas frases







jueves, 26 de diciembre de 2013

PARABENS

 Xa estamos na rede.  A nosa curtametraxe foi publicada na rede no apartado de recursos e materiais. ENHORABOA!!!.

Todo este traballo  foi grazas aos equipos de extraescolares e tics.  Sen eles   non seria posible. Os demáis só fomos uns simples axudantes.   BRAVO.

ARMOUSE O BELÉN

miércoles, 18 de diciembre de 2013

VERBAS DA ÁRBORE DE NADAL

 O EDNL coa axuda de  mestres e alumnos , fomos quen de poñer VERBAS aos adornos do Nadal.

Fixemos  bolas de nadal,  e así descubrimos que o galego tamén adorna os nosos fogares e a nosa escola.

Aquí tendes a mostra das bolas que cada curso elaborou.

 Que bonito  está a nosa Árbore de Nadal.!!!