domingo, 3 de noviembre de 2013

SAMAÍN

No apartado de FOTOS , atópanse os nos@s bruxas e pantasmas dos cursos de 1º e 2º.
GRAZAS a tod@s pais e nais pola súa colaboración ,a hora de  participar no Halloween ,facendo e decorando as cabazas . Este ano foron espectaculares.GRAZAS,MOITAS GRAZAS...!!!!!!!!!!!

viernes, 25 de octubre de 2013

O SAMAÏN

O vindeiro 30 de Outubro imos celebrar o SAMAÍN /HALLOWEEN , no noso centro.
 Aquí tendes un vídeo didáctico sobre o SAMAÍN elaborado polo IES de Melide.

Espero que sirva para coñecer mellor esta celebración.

lunes, 30 de septiembre de 2013

REFRÁNS DO OUTONO



Refráns

 (Recollidos en Ceip San Francisco Xabier - A Coruña ):
"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

"Temperá é a castaña que por setembro regaña"

"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

"Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"



REFRÁNS RECOLLIDOS POLOS NENOS E NENAS DE 4º DO CEIP DE CERVO E PUBLICADOS NO SEU BLOG (BIBLIOTECA DO COLEXIO DE CERVO): 

San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

A horta en outono mantén o seu dono. 


Outono quente trae o demo no ventre.

Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

Outono chuvioso ano copioso.

Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.

En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Moita flor na primavera bon outono nos espera.

A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.

Santoral a ter en conta:

CANDELAS, CANDELARIA 2 FEBREIRO
SAN BRAIS 3 DE FEBREIRO
SAN MATIAS 24 FEBREIRO
SAN BIEITO 21 MARZO
SAN ANTÓN 13 XUÑO
SAN XOÁN 24 XUÑO
SAN PEDRO 29 XUÑO
SAN MIGUEL 29 SETEMBRO
SAN MARTIÑO 11 DE NOVEMBRO
SAN ANDRÉS 30 NOVEMBRO
SANTA LUCÍA 13 DECEMBRO



O ciclo do viño: a vendima

OUTONO MIX

No blog AULA TIC podemos atopar máis recursos do outono.http://www.symbaloo.com/mix/otonomix

OUTONO

Como estamos na época de Outono, temos moitos froitos e tamén colleitas  que recoller no campo.
Na nosa zona  a máis importante é a vendima ; o millo  e a castaña nas zonas do interior.

Aquí tendes  xogos relacionados coa época