"O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"
Este é o título dunha exposición ; patrocinada e cedida polo Concello de Pontevedra, para coñecer a presencia da nosa língua tamén noutros países.
A semana pasada os nen@s poideron disfrutar dela, polos corredores do cole,e descubrir a importancia e a presencia do galego alén dos mares.
Aquí tendes unha mostra.
Rosalía de Castro, a nosa grande poeta, naceu o 24 de febreiro de 1837. Este é o motivo de que o 24 de febreiro fose declarado día de Rosalía e recoñecido coma tal no calendario escolar. Este ano ademais cúmprense150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos" que motivou a celebración do Día das Letras Galegas e que marcou o Rexurdimento da literatura galega.
OS NENOS DE INFANTIL RECITAN " ADIOS RIOS , ADIOS FONTES..." DE ROSALÍA DE CASTRO ,EN PICTOGRAMAS
Na pestana de ACTIVIDADES podedes ler poemas de rosalía.
Lembramos o amor celebrando o día de San Valentín.É un día para traballar e desenrolar actividades que
atendan as capacidades cognitivas , intelectuais e afectivas do alumno.
Expresar o noso cariño á familia que sempre está ahí cando a precisamos.