lunes, 2 de febrero de 2026

CALENDARIO 2026

Dende hai dúas semanas xa disfrutamos nas aulas do calendario para este 2026, elaborado polo alumnado do noso colexio. Traballouse arreo elaborando as ilustracións e recompilando información da flora e fauna das Illas Atlánticas e na que se reflicte as características e curiosidades de animais e plantas propios deste hábitat.

GRAZAS POLO TRABALLO REALIZADO!! A DISFRUTALO!! 

Preme na foto  para ver o resultado tan bonito que quedou.

martes, 11 de noviembre de 2025

MAGOSTO 2025

 Hoxe celebrouse o Magosto no noso colexio. 

Debido ao mal tempo non houbo xogos populares e as castañas coméronse nas aulas. Foi un magosto atípico pero pasámolo moi ben. 

Logo, o tempo deunos un respiro e saímos ao patio a bailar os trompos.





MAGOSTO 2025

jueves, 6 de noviembre de 2025

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS Ó CAMIÑO!!!

Para celebrar o Magosto no CEIP San Tomé elaboramos unha exposición de trompos. 

Os nenos e nenas poderán traer o seu trompo decorado, deixalo na exposición, e durante o recreo collelo para facelo bailar!

Dende o día 4 ata o 11 de Novembro anímate a traer o teu!


                       Preme na foto para ver fotos dos trompos e velos bailar. 








martes, 4 de noviembre de 2025

SAMAÍN 2025

  CHEGOU SAMAÍN!

Este venres, 30 de Outubro, celebramos  no CEIP San Tomé o Samaín.
Os últimos 15 días, toda a comunidade educativa andivo moi atarefada cos preparativos.
 Por fin chegou o gran día e houbo música tenebrosa, obradoiros, comida e moito misterio arredor do cole.

Preme na foto para ver imaxes dese dia!