
miércoles, 22 de febrero de 2023
Adiós ríos, adiós fontes de Rosalía de Castro
Deixo esta poesía de Rosalía cantada por Amancio Prada para que disfrutedes deste gran día para Galiza!!
viernes, 17 de febrero de 2023
ENTROIDO E LIBRO DE RECEITAS 2023
O entroido chegou ao cole de San Tomé!!
Nada máis chegar pola mañán ao cole fomos prepararnos para facer o pasarúas pola nosa localidade. Pasámolo xenial e moita xente do pobo se implicou e nos veu ver.
Diante do asilo de San Tomé bailamos para a xente anciá e de volta no cole tivemos festa, bailamos e comemos filloas, orellas, frores, etc.
Día fantástico para recordar!!
Dende o equipo de EDLG preparamos un LIBRO DE RECEITAS de postres típicos destas festas: filloas, orellas, frores, rosquillas, e máis.
Participaron moitas das nosas familias coas súas receitas e despois expuxemos o libro nun atril diante do mural de entroido.
Se premedes na foto podedes ver algunhas das nosas receitas favoritas!!
O EQUIPO DE EDLG DESÉXAVOS FELICES FESTAS A TODOS!!
lunes, 6 de febrero de 2023
TEATRO NO COLE
As nenas e nenos de 4º de Educación Primaria prepararon a obra de teatro "Unha vella tiña un can".
Eles mesmos decoraron o teatrillo e elaboraron os bonecos.
Representaron a obra nas outras aulas do colexio e foi un éxito.
domingo, 5 de febrero de 2023
MARTINA LÓPEZ
O venres 3 de febreiro veu visitar o cole Martina López, finalista de go talent 2022
Martina veu visitar o cole pois era amiga dun dos rapaces e cantounos varias cancións.
Aproveitamos para pedirlle que nos cantara Lela da novela "os vellos non deben de namorarse" de Castelao pois estabamos a celebrar a data do seu nacemento.
Ao rematar a visita o alumnado pedíulle autógrafos.
Foi un día para recordar!!
lunes, 30 de enero de 2023
Día da paz
Hoxe foi o día da Non Violencia e da Paz no colexio de San Tomé.
Para decorar o centro todo a comunidade educativa realizamos varias actividades:
Por un lado, puxérronse as pezas dun tangram xigante na entrada, a onde o alumnado baixou por clases a construir a pomba da Paz, estes días.
Por outro lado, realizáronse polas aulas diferentes fórmulas matemáticas con símbolos da Paz.
Se premedes na foto podedes acceder para ver máis:
Na praza lemos o noso manifesto sobre a Paz e tamén bailamos e cantamos algunhas cancións que estivemos preparando dende a aula de música:
- "O belo que é vivir"
- "A carrasquiña"
- "Grace Kelly" Mika
Podedes premer nos enlaces:
https://www.youtube.com/watch?v=afe_Q44EvCw&list=PLUvR1ohWUqfN8FXx-SThwLViwIl0HJexm&ab_channel=CEIPSanTom%C3%A9
https://www.youtube.com/watch?v=o80x0deRPWo&ab_channel=CEIPSanTom%C3%A9
Este ano non puidemos lanzar o tradicional lanzamento de pombas pero estivo todo xenial!!
viernes, 27 de enero de 2023
Podcast sobre Castelao
O día 29 de xaneiro naceu o noso ilustre Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao e dende o cole queremos celebralo facendo un podcast.
As rapazas e rapaces que participaron foron Ana e Mateo de 6º de primaria que foron os coordinadores do podcast. E logo participaron rapazas e rapaces de 1º ciclo de primaria. Graciñas a todas e todos!!
Tamén preparamos un pequeno recuncho na entrada do cole con algúns libros de Castelao para que durante esta semana se puideran ver, ler, tocar, etc.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)











