viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO E LIBRO DE RECEITAS 2023

O entroido chegou ao cole de San Tomé!!

Nada máis chegar pola mañán ao cole fomos prepararnos para facer o pasarúas pola nosa localidade. Pasámolo xenial e moita xente do  pobo se implicou e nos veu ver.

 Diante do asilo de San Tomé bailamos para a xente anciá e de volta no cole tivemos festa, bailamos e comemos filloas, orellas, frores, etc.

Día fantástico para recordar!!

Dende o equipo de EDLG preparamos un LIBRO DE RECEITAS de postres típicos destas festas: filloas, orellas, frores, rosquillas, e máis.
Participaron moitas das nosas familias  coas súas receitas e despois expuxemos o libro nun atril diante do mural de entroido.

Se premedes na foto podedes ver algunhas das nosas receitas favoritas!!





O EQUIPO DE EDLG DESÉXAVOS FELICES FESTAS A TODOS!!













lunes, 6 de febrero de 2023

TEATRO NO COLE

 As nenas e nenos de 4º de Educación Primaria prepararon a obra de teatro "Unha vella tiña un can".

Eles mesmos decoraron o teatrillo e elaboraron os bonecos.


Representaron a obra nas outras aulas do colexio e foi un éxito.






domingo, 5 de febrero de 2023

MARTINA LÓPEZ

 O venres 3 de febreiro veu visitar o cole Martina López, finalista de go talent 2022





Martina veu visitar o cole pois era amiga dun dos rapaces e cantounos varias cancións. 
Aproveitamos  para pedirlle que nos cantara Lela da novela "os vellos non deben de namorarse" de  Castelao pois estabamos a celebrar a data do seu nacemento.

Ao rematar a visita o alumnado pedíulle autógrafos. 

Foi un día para recordar!!









lunes, 30 de enero de 2023

Día da paz

 Hoxe foi o día da Non Violencia e da Paz no colexio de San Tomé.



Da decoración da entrada encargouse o terceiro ciclo e fixeron este precioso mural. Olé por eles!!

Para decorar o centro todo a comunidade educativa realizamos varias actividades:
Por un lado, puxérronse as pezas dun tangram xigante na entrada, a onde o alumnado baixou por clases a construir a pomba da Paz, estes días.
Por outro lado, realizáronse polas aulas diferentes fórmulas matemáticas con símbolos da Paz.
Se premedes na foto podedes acceder para ver máis:




Despois do patio, polas doce do mediodía, marchamos para a praza do concello de Cambados. Os padriños (alumnado dos ciclos superiores) levaron para a praza aos afillados (alumnado dos ciclos inferiores). 
Na praza lemos o noso manifesto sobre a Paz e tamén bailamos e cantamos algunhas cancións que estivemos preparando dende a aula de música:
-  "O belo que é vivir"
- "A carrasquiña"
- "Grace Kelly" Mika




Podedes premer nos enlaces:

https://www.youtube.com/watch?v=afe_Q44EvCw&list=PLUvR1ohWUqfN8FXx-SThwLViwIl0HJexm&ab_channel=CEIPSanTom%C3%A9

https://www.youtube.com/watch?v=o80x0deRPWo&ab_channel=CEIPSanTom%C3%A9




Este ano non puidemos lanzar o tradicional lanzamento de pombas pero estivo todo xenial!!




viernes, 27 de enero de 2023

Podcast sobre Castelao



O día 29 de xaneiro naceu o noso ilustre Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao e dende o cole queremos celebralo facendo un podcast.






As rapazas e rapaces que participaron foron Ana e Mateo de 6º de primaria  que foron os coordinadores do podcast. E logo participaron rapazas e rapaces de 1º ciclo de primaria. Graciñas a todas e todos!!




Tamén preparamos un pequeno recuncho na entrada do cole con algúns libros de Castelao para que durante esta semana se puideran ver, ler, tocar, etc.







miércoles, 7 de diciembre de 2022

VISITA A PADRÓN DO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA

 O 29 de Novembro fixemos unha saída ao pobo de Padrón coa intención de coñecer un pouco máis a vida e obra de dous grandes escritores: Rosalía de Castro e Camilo José Cela.

Saímos a primeira hora da mañá e ás dez e cuarto xa estabamos na fundación de Camilo José Cela onde fixemos un percorrido pola súa vida e obra. Por suposto, visitamos o museo do ferrocarril.

Logo fomos  ao  xardín botánico e coa mesma demos un paseo polo pobo ata chegar á alameda para comer. Alí algúns animámonos a visitar a Capela do Santiaguiño.

Xa pola tarde fomos á Casa Museo de Rosalía de Castro onde nos explicaron a súa vida e obra e nos deixaron visitar a casa ata que marchamos.

Unhas fotos da saída deixaránnos a todos un bo sabor de boca dese día tan bonito. 

Premede na foto para ver máis:




SEMANAS DA MÚSICA NO CEIP DE SAN TOMÉ

 Estas últimas semanas foron moi intensas musicalmente para os rapaces e rapazas do cole.

Nas horas de patio o noso alumnado podía facer unha actuación musical, ben con instrumentos ben cantando. Só tiñan que apuntarse e disfrutar das actuacións. Logo cada día facíanse os carteis das actuacións para saber a quen lle tocaba ese día.

Por suposto, a MÚSICA GALEGA estivo presente.

Aquí van unhas fotos do ben que traballaron: