martes, 10 de mayo de 2022

As letras de Florencio Manuel Delgado Gurriarán

Hoxe o podcast adicado á vida e obra de Florencio está feito polo 2º ciclo de primaria.
Estas rapazas e rapaces fixéronno moi ben e con moita ilusión. 
Toca escoitalos e disfrutar!!



 

AS LETRAS DE FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

Hoxe publicamos dous dos catro PODCAST feitos polo alumnado do CEIP Santomé. Están adicados á vida e obra do gran poeta Florencio Delgado, ao que se lle adica o día das Letras Galegas de 2022. Dende o equipo de EDLG darlle as gracias ás rapazas e aos rapaces que tan gustosamente quixeron participar. Desexamos que disfrutedes moito escoitándoos.



   

martes, 8 de marzo de 2022

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER 


MIGALLAS TEATRO:
Hoxe actuou no cole MIGALLAS e fixo un espectáculo sobre pintoras; achegando ás nenas e nenos a vida e obra de pintoras famosas.

“Elas pintan moito” é unha sesión de contos e música en directo baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abórdase a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística.

Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.

Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.


Aquí vos deixo algunhas fotos do seu paso polo colexio.







Tamén durante os primeiros días de marzo dende a aula de música, a profe Mónica, propuxo unha serie de pistas esparcidas polo colexio para que o alumnado tentase adiviñar esta muller música  tan coñecida.

SORTE A TOD@S!!!







miércoles, 23 de febrero de 2022

23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


CHEGOU O GRAN DÍA!!

Hoxe rematamos a recitaxe de poesías desta gran poetisa. E tamén se fixo un mural na entrada da porta para celebralo. Así como algúns traballiños dos rapaces de 5 anos.

Aquí tedes unhas fotos que  esperamos que as disfrutedes tanto coma nós!!



















lunes, 21 de febrero de 2022

 SEMANA DA POESÍA DE  ROSALÍA DE CASTRO

Con motivo da celebración do nacemento de Rosalía, esta semana adicaremos o luns, martes e mércores para recitar poesías de Rosalía nos 20 minutos establecidos para a hora de lectura. 

Os encargados de recitar as poesías polas aulas será o alumnado do 3º ciclo de primaria e  a clase de 2º A.
Cada día irán  polas  aulas 2 quendas de nen@s por clase.

Preme na foto para ver os videos  e fotos dese día.


LUNS 21 DE FEBREIRO



MARTES 22 DE FEBREIRO



MÉRCORES 23 DE FEBREIRO










martes, 15 de febrero de 2022

GENIALLY DE ROSALÍA DE CASTRO


Para traballar esta grande poetisa podedes facer estes genially que profundizan na vida e obra de Rosalía.

Só tedes que fixarvos a qué ciclo pertencedes para elixir un.

TOCA XOGAR E  DISFRUTAR!!!

1º CICLO DE PRIMARIA E INFANTIL



 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA