martes, 17 de mayo de 2016

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS !


Como xa chegou o mes de Maio; na escola de Santomé ,estamos atarefados cos preparativos do  día das Letras Galegas.

Esta semana levamos a cabo unha serie de actividades para homenaxear a Manuel María.

   O xoves  , os alumnos de 3º  representaron varios poemas cantados e musicados ,para todos nós; repartidos en dúas funcións. Un bo traballo!!! coordinado polas mestras LuLa , Camino e Mónica (a nosa fada musical),sen esquecer aos nosos artistas(os alumnos/as de 3º). B.R.A.V.O!.

         Esta actuación vai ser presentada o vindeiro Mércores na Calzada , xunto a outros centros, organizada polo concello para celebrar as Letras Galegas.

O venres asistimos a representación da obra de Manuel María " os soños na Gaiola"; a cargo da compañia "títeres Alakran que tivo lugar no centro.
           Todo un éxito!!, que gustou e fixo pasar bos momentos.

    Tamén durante a semana elaboramos o Mural que representa ao noso centro. Estará exposto na Calzada do pobo xunto con outros murais das outras escolas.

              Un calendario , ilustrado cos poemas do autor.
                       
    Non esquecer a exposición de láminas sobre a vida de Manuel María , que podemos ver polos corredores da escola; así coma os numerosos traballos e actividades realizadas na aula arredor da figura deste autor.

Aquí tedes unha mostra   de todo o anterior.

martes, 12 de abril de 2016

MANUEL MARÍA

Este ano o día das LETRAS GALEGAS está adicado á figura  de MANUEL MARÍA.


           Si picades no  nome do escritor , tendes información sobre  a súa biografía , obra  e actividades para  cada ciclo e nivel.


jueves, 17 de marzo de 2016

 Un saúdo a tod@s, nenos , pais e mestr@s.
Dende o equipo de Normalización Lingüística queremos presentar O CALENDARIO DE MANUEL MARÍA".

Como este ano , o día das Letras Galegas vai  adicado a MANUEL MARÍA,; dende o centro creamos e elaboramos un calendario no que aparecen os debuxos dos nenos , relacionados cos poemas do autor.

Doce poemas e doce debuxos, elaborados polos nen@s dende 1º ata 6º.