viernes, 15 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS





     O venres  no cole celebramos o día das LETRAS GALEGAS   con moita ledicia e agarimo.
        

        Dende o dpto de Música, a  mestra Mónica  e os alumnos de 5anos , 3ºs e 4ºs   cantaron, bailaron, recitaron  poemas de Filgueira Valverde e cancións populares.

    Quedamos impresionados do maravilloso traballo dos nenos e a mestra.
                                           B.R.A.V.O.         BRAVO!!!!!!!! 

Durante esta semana estivemos preparando o MURAL DAS LETRAS GALEGAS .
Cada titora na súa aula e con axuda dos nenos pintaron e escribiron as obras do "VELLO PROFESOR"(XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE).

Como este ano o noso proxecto vai sobre os faros tamén o  Mural é un faro.
           O FARO DO  VELLO PROFESOR 

Non esquecer os traballos  que os nenos realizaron arredor da figura deste escritor, historiador, profesor.....

                             este é o vídeo cos maravillosos debuxos











jueves, 23 de abril de 2015

FICHAS DOS FAROS

Seguindo co proxecto do centro sobre os Faros, imos crear un Libro co titulo de FICHAS DOS FAROS DE GALICIA.
Ao longo do trimestre o alumnado traballou  coas fichas técnicas deses faros.
Aquí tendes un anticipo dese pequeno libro.

                                               

martes, 21 de abril de 2015


O vindeiro xoves é o día do libro . Este ano é moi especial porque temos  ao mestre Manuel e a mestra Elena que nos van asinar os seu libro.Celebramos ese día  con moita ledicia e con cariño para eles.

jueves, 26 de marzo de 2015

PARTES DUN FARO

 Picade sobre  este faro animado e teredes información sobre as partes . Así facilita o traballo que estades a elaborar

miércoles, 11 de marzo de 2015


Mañán venres  27 de marzo; Presentación do Libro " O FARO DE CORAZÓNS" do compañeiro Manuel Felpeto  e a compañeira que o ilustrou Elena Silvoso, na Biblioteca Municipal de Cambados .
Dende aquí facer un chamamento a todos los pais, nais .... que poidades asistir , para  felicitar  e recoñecer o traballo realizado polos mestres,  coa vosa presenza.
 Está marcada para as12: 45 aprox.

Dende o noso blog queremos felicitalo e decirlle que é un orgullo traballar e compartir o día a día  con eles.
          


                                   PARABÉNS!!!!!!!!!!!



EL ESCRITOR
                                           
ILUSTRADORA

   

viernes, 6 de marzo de 2015

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O día  8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación a favor da igualdade co home. 
O lema deste ano "Empoderando ás Mulleres, Empoderando á Humanidade: Imaxínao", recrea un mundo no que cada muller e cada nena poden tomar as súas decisións en todos los ámbitos da sociedade e vivir sen violencia e discriminación.