martes, 10 de junio de 2014

VISITA DO ESCRITOR RICARDO GÓMEZ

http://santomemusica.blogspot.com.es/2014/06/rap-ojo-de-nube-colaboracion-musical.htmlHoxe recibimos a visita do escritor Ricardo Gómez.  Durante este curso traballamos   o seu libro " Ojo de Nube". A historia vai sobre os indios Crow.Por iso
hoxe  fixémoslle  unha benvida que non esquecerá en moito tempo.Montamos un poblado indio e  a él chamámoslle  " Anteojo de Nube".

Logo no ximnasio todos xuntos , fixemos preguntas , cantamos , ensinamos os nosos amuletos e recitamos.
Resultou unha velada moi emotiva , emocionante e agarimosa.
Todo esta actividade non sería posible si non fora polo maravilloso traballo que levaron a cabo as mestras e alumnos de Infantil ; así como o estimable i espectacular  posta en escea e representación musical cos nenos  de 5º e 6º que a mestra Mónica organizou e dirixiu. 
                                                           
Dende o Blog de EDNL   quero felicitar o equipo de INFANTIL  o DPTO DE MÚSICA e  a mestra ELVIRA  que foi a armadanzas deste embrollo e dar os meus       
                                                                                         
    PARABENS E FELICITACIÓNS





miércoles, 21 de mayo de 2014

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS EN SAN TOMÉ

Os nen@s da nosa escola, celebramos o día das Letras Galegas  o pasado venres.




Grazas á profe Mónica , que preparou con moito cariño  un recitado musical que resultou moi bonito e garimoso.

martes, 20 de mayo de 2014

Ofrenda a Cabanillas (Letras Galegas 2014)

Como cada ano e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas os centros escolares de Cambados realizan unha ofrenda a Ramón Cabanillas. A continuación poñemos o vídeo coa participación dos nosos alumnos de 4º de Primaria na devandita ofrenda.



viernes, 16 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS EN SANTOMÉ

Ao longo desta semana , no cole traballamos a figura de Xosé Mª Díaz Castro , dunha maneira moi especial. Cada ciclo fixo os seus traballos arredor deste home.
O departamento de música  , coa profe Mónica , doulle un toque de festa a este día e creou  unha  pequena melodía para o recitado do poema "Ai Capitán "; a cargo dos nenos de 4º.

Resultou unha presentación e  posta en escea ,  moi digna e loubada.
Aquí deixo unha mostra. Tamén todolos nen@s  colaboraron na confección do noso mural. Grazas a profe Elena , que  dirixiu e organizou a súa elaboración .



viernes, 25 de abril de 2014

XOSÉ Mª DÍAZ CASTRO

 Aquí tendes o enlace á páxina do SEMINARIO GALÁN.

SI picades na palabra  suliñada ides á  ese enlace que ten actividades e recursos.

miércoles, 23 de abril de 2014

VERBAS E NIMBOS FLORIDOS

 Dende este blogue queremos  dar as GRAZAS a todos os nenos/as  e mestres/as, así como a todos os pais dos nenos/as de infantil pola súa colaboración, creatividade e participación. Damos a benvida á primavera con flores e poemas.

Para todos  , este vídeo como homenaxe.  Espero  que o disfruten.!!!







martes, 22 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

 Hoxe 23  de Abril, celebramos o día do libro. 

Un libro fainos soñar e viaxar   co noso maxín .  FELIZ DÍA DO LIBRO!!!