lunes, 30 de septiembre de 2013

OUTONO

Como estamos na época de Outono, temos moitos froitos e tamén colleitas  que recoller no campo.
Na nosa zona  a máis importante é a vendima ; o millo  e a castaña nas zonas do interior.

Aquí tendes  xogos relacionados coa época




DÍA EUROPEO DAS LÍNGUAS

O 26 d3 setembro celebrouse o día Europeo das Linguas.

O Consello de Europa festexa o 26 de setembro como Día Europeo das Linguas, co obxectivo de promover a diversidade lingüística de Europa e fomentar o plurilingüismo entre os seus cidadáns.
Un ano máis, desde que se instaurou esta celebración en 2001, os 47 estados que compoñen o Consello de Europa animan a cidadanía europea a festexar esta riqueza cultural e a participar nalgún dos moitos eventos que se celebran con este motivo.



viernes, 13 de septiembre de 2013

NORMAS DE CLASE

 Aquí tendes as normas de clase en galego. Grazas a GHAFOS.

                                           

jueves, 12 de septiembre de 2013

BENVID@S

Ola a tod@s nen@s e familias.Acabáronse as vacacións e comeza un novo curso. Dende aquí o claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un maravilloso 2013/2014.Seguro que tendes desexos de contar as vosas experiencias durante as vacacións e tamén atopar cos vosos e novos compañeiros.