Xa estamos na rede. A nosa curtametraxe foi publicada na rede no apartado de recursos e materiais. ENHORABOA!!!.
Todo este traballo foi grazas aos equipos de extraescolares e tics. Sen eles non seria posible. Os demáis só fomos uns simples axudantes. BRAVO.
ARMOUSE O BELÉN
jueves, 26 de diciembre de 2013
miércoles, 18 de diciembre de 2013
VERBAS DA ÁRBORE DE NADAL
O EDNL coa axuda de mestres e alumnos , fomos quen de poñer VERBAS aos adornos do Nadal.
Fixemos bolas de nadal, e así descubrimos que o galego tamén adorna os nosos fogares e a nosa escola.
Aquí tendes a mostra das bolas que cada curso elaborou.
Que bonito está a nosa Árbore de Nadal.!!!
martes, 17 de diciembre de 2013
NADAL EN REDE
Tendes a vosa disposición para xogar cos nenos,
este Nadal moitos recursos que quero amosar;
con só dar un clic imos xogar , cantar. e rir
este Nadal moitos recursos que quero amosar;
con só dar un clic imos xogar , cantar. e rir
lunes, 9 de diciembre de 2013
UN ANUNCIO DE PELÍCULA
O EQUIPO DE EXTRAESCOLARES E O DE TICS , ESTÁN ARMANDO UNHA BOA PARA O NADAL.
TENDES UN ADIANTO NA WEB DO COLE. ESTA VEZ SI QUE " ARMOUSE O BELEN ".
UN ANUNCIO DE PELÍCULA
martes, 19 de noviembre de 2013
domingo, 3 de noviembre de 2013
SAMAÍN
No apartado de FOTOS , atópanse os nos@s bruxas e pantasmas dos cursos de 1º e 2º.
GRAZAS a tod@s pais e nais pola súa colaboración ,a hora de participar no Halloween ,facendo e decorando as cabazas . Este ano foron espectaculares.GRAZAS,MOITAS GRAZAS...!!!!!!!!!!!
GRAZAS a tod@s pais e nais pola súa colaboración ,a hora de participar no Halloween ,facendo e decorando as cabazas . Este ano foron espectaculares.GRAZAS,MOITAS GRAZAS...!!!!!!!!!!!
viernes, 25 de octubre de 2013
O SAMAÏN
O vindeiro 30 de Outubro imos celebrar o SAMAÍN /HALLOWEEN , no noso centro.
Aquí tendes un vídeo didáctico sobre o SAMAÍN elaborado polo IES de Melide.
Espero que sirva para coñecer mellor esta celebración.
Aquí tendes un vídeo didáctico sobre o SAMAÍN elaborado polo IES de Melide.
Espero que sirva para coñecer mellor esta celebración.
lunes, 30 de septiembre de 2013
REFRÁNS DO OUTONO
Refráns
(Recollidos en Ceip San Francisco Xabier - A Coruña ):
"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"
"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"
"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"
"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"
"Temperá é a castaña que por setembro regaña"
"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"
"Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"
San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.
A horta en outono mantén o seu dono.
Outono quente trae o demo no ventre.
Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
Outono chuvioso ano copioso.
Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.
En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
Moita flor na primavera bon outono nos espera.
A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.

CANDELAS, CANDELARIA 2 FEBREIRO
SAN BRAIS 3 DE FEBREIRO
SAN MATIAS 24 FEBREIRO
SAN BIEITO 21 MARZO
SAN ANTÓN 13 XUÑO
SAN XOÁN 24 XUÑO
SAN PEDRO 29 XUÑO
SAN MIGUEL 29 SETEMBRO
SAN MARTIÑO 11 DE NOVEMBRO
SAN ANDRÉS 30 NOVEMBRO
SANTA LUCÍA 13 DECEMBRO
OUTONO MIX
No blog AULA TIC podemos atopar máis recursos do outono.http://www.symbaloo.com/mix/otonomix
DÍA EUROPEO DAS LÍNGUAS
O 26 d3 setembro celebrouse o día Europeo das Linguas.
O Consello de Europa festexa o 26 de setembro como Día Europeo das Linguas, co obxectivo de promover a diversidade lingüística de Europa e fomentar o plurilingüismo entre os seus cidadáns.
Un ano máis, desde que se instaurou esta celebración en 2001, os 47 estados que compoñen o Consello de Europa animan a cidadanía europea a festexar esta riqueza cultural e a participar nalgún dos moitos eventos que se celebran con este motivo.
viernes, 13 de septiembre de 2013
jueves, 12 de septiembre de 2013
BENVID@S
Ola a tod@s nen@s e familias.Acabáronse as vacacións e comeza un novo curso. Dende aquí o claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un maravilloso 2013/2014.Seguro que tendes desexos de contar as vosas experiencias durante as vacacións e tamén atopar cos vosos e novos compañeiros.
.jpg)
.jpg)
martes, 25 de junio de 2013
sábado, 22 de junio de 2013
Remata o curso e con el, quedan atrás moitas vivenzas ,alegrias , nervos, ilusións , amizade; pero sobre todo moitos amigos e coñecementos que nos dan máis experiencia e seguridade na nosa vida .Remata para os alumnos de 6º unha etapa, e comeza outro camiño novo ,que terán que andar con momentos bos e outros menos bos. Para todos eles ÁNIMO E MOITA SORTE!.
Así ,despèdimos este curso, co desexo de disfrutar das vacacións de da familia.
Ata o curso que ven!
Así ,despèdimos este curso, co desexo de disfrutar das vacacións de da familia.
Ata o curso que ven!
miércoles, 19 de junio de 2013
miércoles, 29 de mayo de 2013
ESCOLA "MARÍA SOLIÑA" en Pubai-Orisa (India)
A ONG "Shanga India" con sede en Cangas de Morrazo, leva adiante o desenvolvemento e financiamento da escola María Soliña en Pubai-Orissa (India). Un proxecto que permite a formación e alimentación de nenas e nenos dunha rexión aillada e pobre que sen axuda non tería futuro. "Shanga" que significa amigo no idioma orilla pretende acadar a totalidade do ensino oficial básico que na India comprende 10 cursos escolarizando a 500 nenos e nenas, asumindo todolos gastos incluido o persoal que é todo autóctono.
PARABENS Á ONG
PARABENS Á ONG
jueves, 23 de mayo de 2013
A CORAL DOS MAIORES CANTA E XOGA CON NÓS
Hoxe xoves 23 de maio tivemos a visita da Coral polifónica dos Maiores , na nosa escola.
Cantaron e representaron un conto titulado" PACO,PAQUIÑO UN CONTO CANTADO".
Os nenos/as de infantil e 1º ciclo disfrutaron cantando e xogando con eles.
Resultou unha experiencia moi creativa e moi divertida.Aquí tendes unha mostra do ben que o pasamos.
martes, 21 de mayo de 2013
RECITADO DE POEMAS NA CALZADA
O XOVES 16 OS NENOS DE 6ºA FORON Á CALZADA PARA CELEBRAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
LAURA E MARIÑA RECITARON OS SEUS POEMAS.
SI QUEREDES LER OS SEUS POEMAS PICADE NA PESTANA DE COMUNICADOS .
SI PICADES NA PESTANA DE VÍDEOS VEREDES A SÚA ACTUACIÓN .
ESTAS NENAS VEN MERECEN UNHA FELICITACIÓN CON TODO O NOSO CARIÑO.
B - R- A- V- O- BRAVO!

miércoles, 15 de mayo de 2013
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Moitos son os traballos que se fixeron sobre a figura de Roberto Vidal Bolaño , dentro das aulas.
Esta é só unha pequena mostra do que podemos ver nos pasillos do centro.
Os nenos/as de 4º diseñaron uns preciosos MARCA PÁXINAS do autor.
O alumnado do centro diseñou unhas máscaras de teatro maravillosas. Con elas elaboramos o mural das Letras Galegas , que dende hoxe ,está exposto na Calzada.

MOITAS GRAZAS AOS NOSOS ARTÍSTAS E AXUDANTES.
GRAZAS Á PROFE ELENA POLO SEU TOQUE MÁXICO.
Sin eles esto non sería posible
domingo, 12 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Aquí vos deixo máis actividades sobre Roberto Vidal Bolaño.
Autor e actor ao que se lle adica este ano , o día das Letras Galegas.
lunes, 6 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS
DENDE A ASOCIACIÓN DE BIBLIOTECAS ESCOLARES ,CHEGANOS UNHA SERIE DE ACTIVIDADES . SE PREMEDES NA IMAXE ,PODEDES TRABALLAR CON ELAS.
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Estas son alguns materiais elaborados por diversas bibliotecas escolares de Galicia.
Si picades na imaxe podedes traballar con eles.
Si picades na imaxe podedes traballar con eles.
jueves, 25 de abril de 2013
NÓS TAMÉN FOMOS ESTRANXEIROS
Esta semana os nen@s de 2º e 4º de primaria ,recibiron a visita dos avós que non poideron vir na anterior .
Estas fotos amosan o seu traballo, e a ledicia nos nen@s a escoitalos.
A música de fondo é do grupo MAMÁ CABRA , o título " O mundo é grande".
Estas fotos amosan o seu traballo, e a ledicia nos nen@s a escoitalos.
lunes, 22 de abril de 2013
NÓS TAMÉN FOMOS ESTRANXEIROS
Dende o equipo de biblioteca estase a traballar co proxecto de "INTERCULTURALIDADE".
O EDNL tamén queremos sumarnos a este traballo ;por iso , a semana pasada invitamos aos avós /avoas que foron emigrantes, a falar das súas vivencias como estranxeiros.
O resultado foi moi gratificante , e dende aquí queremos darlles as GRAZAS!!!!!!.
Deixamos unha pequena mostra da súa visita ao cole.
PRIMARIA

miércoles, 17 de abril de 2013
VISITA DOS AVÓS QUE EMIGRARON
ESTE MES DE ABRIL TIVEMOS A VISITA DOS FAMILIARES QUE EMIGRARON, E OS QUE VIÑERON AO NOSO PAÍS .
GRAZAS A TODOS POLA SÚA COLABORACIÓN E POR DAR A COÑECER A SÚA EXPERIENCIA .
FORON MOMENTOS ,VERDADEIRAMENTE BONITOS E CARGADOS DE SENTIMENTOS E COÑECEMENTO. GRAZAS.....
INFANTIL
FORON MOMENTOS ,VERDADEIRAMENTE BONITOS E CARGADOS DE SENTIMENTOS E COÑECEMENTO. GRAZAS.....
viernes, 5 de abril de 2013
ACTIVIDADES DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
ACTIVIDADES EN LIÑA

Aqui tendes unha serie de actividades para traballar a figura do autor homenaxeado nas Letras galegas.
Si picades na frase ACTIVIDADES EN LIÑA teredes acceso a elas.
lunes, 1 de abril de 2013
Homenaxe a Rosalía
Dende o Ceip San tomé quixemos facerlle unha homenaxe a Rosalía de Castro o día do seu nacemento, o 24 de febreiro. Este é un dos actos enmarcados na conmemoración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos.
sábado, 9 de marzo de 2013
"O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS"
Este é o título dunha exposición ; patrocinada e cedida polo Concello de Pontevedra, para coñecer a presencia da nosa língua tamén noutros países.
A semana pasada os nen@s poideron disfrutar dela, polos corredores do cole,e descubrir a importancia e a presencia do galego alén dos mares.
Aquí tendes unha mostra.

miércoles, 27 de febrero de 2013
sábado, 23 de febrero de 2013
Rosalía de Castro, a nosa grande poeta, naceu o 24 de febreiro de 1837. Este é o motivo de que o 24 de febreiro fose declarado día de Rosalía e recoñecido coma tal no calendario escolar. Este ano ademais cúmprense150 anos da primeira publicación de "Cantares Gallegos" que motivou a celebración do Día das Letras Galegas e que marcou o Rexurdimento da literatura galega.
viernes, 22 de febrero de 2013
miércoles, 13 de febrero de 2013
sábado, 2 de febrero de 2013
ROSALÍA DE CASTRO
Este mes de febreiro celebramos o 150 aniversario do libro de "Cantares Gallegos".Considerado o 1º libro de poesía en galego.
.Ao longo do mes faremos actividades dentro da escola para celebralo. Si qeredes coñecer algo máis
,pinchade na imaxe de Rosalía.
miércoles, 2 de enero de 2013
Damos a benvida o novo ano 2013. De certo que virá cargado de ilusións e desexos de aprender cousas novas.De seguro que todos xuntos podemos facer que sexa realidade.
Este ano celebramos o 150 aniversario de "cantares gallegos de Rosalía de Castro; a nosa poeta galega por excelencia.
Deixo algunha información e videos sobre ela e o seu libro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)