O venres 14 de abril visitamos o colexio CEIP Enrique Barreiro Piñeiro. Esta vez a profe Andrea leu o conto "coidado coa charca!" ao alumnado de infantil. A experiencia foi estupenda e a contacontos non o puido facer mellor.
Con respecto ó libro elixido foi escrito por José Carlos Román García e ilustrado por Emilio González Urberuaga. Dicir que a nosa charca é un sitio singular, aos animais do bosque gústalles moito pero...plof! que ocorreu na charca? A abella, a mosca, a xoaniña, o caracol, o coello, o ourizo e ata un elefante desfilarán por este divertido conto que se desenvolve cunha estructura acumulativa-repetitiva. Unha aventura que fará rir e gozar a pequechos e grandes, atraeralles polo dinamismo, colorido e expresividade das súas ilustracións e sorprenderano a todos polo seu final.
Aquí vos deixamos unha foto desta inolvidable experiencia!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario