Dende o departamento de Dinamización da Lingua Galega quixemos contribuír ao fomento do galego dunha forma especial e única, iusionando a todos os nenos/as do centro coa visita de Chrystyan Magic. Este mago fíxonos soñar, sorrir e abraiarnos cos seus trucos de maxia adaptados as idades dos nenos/as e todo isto entrelazado pola historia do libro " Atrapado na Torre" que ten como autor ao noso invitado.
FORON UNS MOMENTOS MÁXICOS!!!