CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS !
Como xa chegou o mes de Maio; na escola de Santomé ,estamos atarefados cos preparativos do día das Letras Galegas.
Esta semana levamos a cabo unha serie de actividades para homenaxear a Manuel María.
O xoves , os alumnos de 3º representaron varios poemas cantados e musicados ,para todos nós; repartidos en dúas funcións. Un bo traballo!!! coordinado polas mestras LuLa , Camino e Mónica (a nosa fada musical),sen esquecer aos nosos artistas(os alumnos/as de 3º). B.R.A.V.O!.
Esta actuación vai ser presentada o vindeiro Mércores na Calzada , xunto a outros centros, organizada polo concello para celebrar as Letras Galegas.
O venres asistimos a representación da obra de Manuel María " os soños na Gaiola"; a cargo da compañia "títeres Alakran que tivo lugar no centro.
Todo un éxito!!, que gustou e fixo pasar bos momentos.
Tamén durante a semana elaboramos o Mural que representa ao noso centro. Estará exposto na Calzada do pobo xunto con outros murais das outras escolas.
Un calendario , ilustrado cos poemas do autor.
Non esquecer a exposición de láminas sobre a vida de Manuel María , que podemos ver polos corredores da escola; así coma os numerosos traballos e actividades realizadas na aula arredor da figura deste autor.
Aquí tedes unha mostra de todo o anterior.