O luns 11 de abril comezamos as nosas saídas aos colexios da contorna para contarlles un conto aos rapaces.
Comezamos polo CEIP Corbillón e foron de contacontos as profes Miriam e Susana. Léronnlles o conto ao alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. O conto titulábase De que cor é un bico da escritora Rocío Bonilla.
Respecto ó libro a Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores:xoaniñas vermellas ou ceos azuis, pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello coma unha deliciosas salsa de tomate? Non porque tamén é a cor de cando estás enfadado...Será verde coma os crocodilos que sempre lle pareceron simpáticos?; Imposible porque é a cor das verduras e non lle gusta comelas!. Como podería pescudar de que cor é un bico?
Logo as profes fixeron coas rapazas e rapaces unha botella sensorial de cores; a partires de dúas cores primarias (azul + amarelo) obtíñase unha cor secundaria (verde). Pois o verde era a cor preferida para un bico dunha das profes!!
Preme na foto para ver a estas contacontos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario