Hoxe foi un día grande no CEIP SANTOME pois inauguramos a biblioteca do cole.
Xa tocaba despois duns anos!!
Para este evento o alumnado máis novo disfrutou de varias sesións de contacontos co escritor cambadés Ramón Romero. Co alumnado de 4º, 5º e 6º Ramón Romero realizou un miniobradoiro de poesía (acrósticos con rimas). E tamén o entrevistaron na radio do cole.
Polas 11 da mañá convidouse aos mestres xubilados, autoridades e representantes políticos a visitar a biblioteca, coñecer o seu funcionamento, facer unhas fotos e tomar uns pinchos.
Xa pola tarde houbo sesión aberta de contacontos para familias e alumnado.
Premede na foto para ver o ben que o pasamos este día tan especial para todos nós!!
.jpeg)