O entroido chegou ao cole de San Tomé!!
Nada máis chegar pola mañán ao cole fomos prepararnos para facer o pasarúas pola nosa localidade. Pasámolo xenial e moita xente do pobo se implicou e nos veu ver.
Diante do asilo de San Tomé bailamos para a xente anciá e de volta no cole tivemos festa, bailamos e comemos filloas, orellas, frores, etc.
Día fantástico para recordar!!
Dende o equipo de EDLG preparamos un LIBRO DE RECEITAS de postres típicos destas festas: filloas, orellas, frores, rosquillas, e máis.
Participaron moitas das nosas familias coas súas receitas e despois expuxemos o libro nun atril diante do mural de entroido.
Se premedes na foto podedes ver algunhas das nosas receitas favoritas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario