O 29 de Novembro fixemos unha saída ao pobo de Padrón coa intención de coñecer un pouco máis a vida e obra de dous grandes escritores: Rosalía de Castro e Camilo José Cela.
Saímos a primeira hora da mañá e ás dez e cuarto xa estabamos na fundación de Camilo José Cela onde fixemos un percorrido pola súa vida e obra. Por suposto, visitamos o museo do ferrocarril.
Logo fomos ao xardín botánico e coa mesma demos un paseo polo pobo ata chegar á alameda para comer. Alí algúns animámonos a visitar a Capela do Santiaguiño.
Xa pola tarde fomos á Casa Museo de Rosalía de Castro onde nos explicaron a súa vida e obra e nos deixaron visitar a casa ata que marchamos.
Unhas fotos da saída deixaránnos a todos un bo sabor de boca dese día tan bonito.
Premede na foto para ver máis:
No hay comentarios:
Publicar un comentario