O venres no cole celebramos o día das LETRAS GALEGAS con moita ledicia e agarimo.
Dende o dpto de Música, a mestra Mónica e os alumnos de 5anos , 3ºs e 4ºs cantaron, bailaron, recitaron poemas de Filgueira Valverde e cancións populares.
Quedamos impresionados do maravilloso traballo dos nenos e a mestra.
B.R.A.V.O. BRAVO!!!!!!!!
Durante esta semana estivemos preparando o MURAL DAS LETRAS GALEGAS .
Cada titora na súa aula e con axuda dos nenos pintaron e escribiron as obras do "VELLO PROFESOR"(XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE).
Como este ano o noso proxecto vai sobre os faros tamén o Mural é un faro.
O FARO DO VELLO PROFESOR
Non esquecer os traballos que os nenos realizaron arredor da figura deste escritor, historiador, profesor.....
este é o vídeo cos maravillosos debuxos
No hay comentarios:
Publicar un comentario