Aquí tedes en primicia a nova edición da nosa revista escolar: O Eco de San Tomé.
Son 126 páxinas cheas de traballos realizados na aula que serven para facer un resumo do que foi este curso 2013/2014.
A revista deste ano comeza e remata coa mesma protagonista, a mestra Teresa, que decidiu xubilarse e non quixo facelo sen adicarnos unhas palabras. Dende o equipo de Dinamización e Normalización Lingüística -e facémolo extensivo a todos os membros da comunidade educativa- queremos desexarlle moita sorte nesta nova etapa da súa vida.
Versión para descargar
No hay comentarios:
Publicar un comentario