miércoles, 21 de mayo de 2014

CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS EN SAN TOMÉ

Os nen@s da nosa escola, celebramos o día das Letras Galegas  o pasado venres.




Grazas á profe Mónica , que preparou con moito cariño  un recitado musical que resultou moi bonito e garimoso.

martes, 20 de mayo de 2014

Ofrenda a Cabanillas (Letras Galegas 2014)

Como cada ano e coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas os centros escolares de Cambados realizan unha ofrenda a Ramón Cabanillas. A continuación poñemos o vídeo coa participación dos nosos alumnos de 4º de Primaria na devandita ofrenda.



viernes, 16 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS EN SANTOMÉ

Ao longo desta semana , no cole traballamos a figura de Xosé Mª Díaz Castro , dunha maneira moi especial. Cada ciclo fixo os seus traballos arredor deste home.
O departamento de música  , coa profe Mónica , doulle un toque de festa a este día e creou  unha  pequena melodía para o recitado do poema "Ai Capitán "; a cargo dos nenos de 4º.

Resultou unha presentación e  posta en escea ,  moi digna e loubada.
Aquí deixo unha mostra. Tamén todolos nen@s  colaboraron na confección do noso mural. Grazas a profe Elena , que  dirixiu e organizou a súa elaboración .